Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Pinguela.
A Pinguela é un barrio da parroquia de San Vicente de Lagoa, no concello lugués de Alfoz. Segundo o IGE[1] en 2015 tiña trece habitantes (sete homes e seis mulleres), un home menos ca en 2007.
Servizos
Este barrio está situado moi preto da igrexa parroquial. A escola da Pinguela funcionou até principios da década de 1990, os últimos anos como centro de educación infantil e primeiro ciclo da primaria. Logo do seu peche usouse como colexio electoral e como local social.
Lugares e parroquias
Lugares de Lagoa
Parroquias de Alfoz
Notas