A Godela é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 estaba deshabitado, se ben en 2007 tiña unha habitante.
Patrimonio
Polo lugar pasa o camiño de pedra que vai desde O Trebello até Sualomba (A Lama), cruzando o río Barbeira a través da ponte do Peso.
Neste lugar está un conxunto de dúas construcións en mal estado de conservación, coñecidas como Casa da Peste.[1] Unha das casas ten un patio interior con dous arcos, e nun lintel a inscrición dun ano, 1721. A carón das casas está o peto de ánimas da Godela, de 1844.
Galería de imaxes
-
Peto de ánimas
-
Peto de ánimas
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de Aguasantas
Parroquias de Cerdedo-Cotobade