Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Tomonde.
Santa María de Tomonde é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2012 tiña 173 habitantes (95 mulleres e 78 homes) 51 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
Patrimonio
A igrexa de Santa María ten planta de cruz latina con ábsida cuadrangular e sancristía acaroada. A portada principal é alintelada, con molduras lisas e torre central con tres corpos. Nos muros consérvanse canzorros románicos.
Nesta parroquia celebrábase a Gaiteirada de Reis. O 5 de xaneiro, a véspera da noite de Reis, dúas máscaras, O Vello e A Vella, simulan ir roubando comida polas cociñas.[3]
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Tomonde
Parroquias de Cerdedo-Cotobade
Notas
Véxase tamén
Outros artigos