A Braña[1] é unha parroquia do concelloasturiano de El Franco. Nos seus 15,7 km²[2] habitaban en 2021 un total de 148 persoas[3] distribuídas entre os lugares de Bargaz, A Braña, El Caroceiro, El Chao das Trabas, Grandamarina, Mendois, Mercadeiros, Pena de Cabras, Romelle e Villarín. Entre as edificacións da parroquia salienta o Santuario da Braña, igrexa parroquial que data do século XVIII e que era unha capela que se ampliou, ao constituír A Braña freguesía en 1795, nunha primeira fase ata 1825 e nunha segunda fase ata 1837[4] pero que proseguiu logo e rematou coa construción da torre en 1896. Á esquerda da igrexa está a fonte santa da Nosa Señora da Braña onde os fieis católicos en peregrinación realizan ofrendas á Virxe durante a romaría da Virxe da Braña que se celebra o 15 de agosto e tamén é costume botar moedas nas súas augas para pedirlle favores á Virxe.
Notas
↑Varela Aenlle, Carlos Xesús (2010). Repertorio toponímico e xentilícico da terra Eo-Navia. Universidade de Vigo. p. 38.
↑Diccionario Geográfico de Asturias. Oviedo: Editorial Prensa Asturiana, S.A. 2000.