90-60-90, diario secreto de una adolescente é unha serie de televisión española producida por Diagonal TV e estreada o 7 de setembro de 2009 en Antena 3.[1]
A pesar dos seus baixos rexistros de audiencia, a cadea decidiu manter a serie ata o final, emitindo o último episodio o luns 26 de outubro, e sen renovación para unha segunda tempada.[2]
90-60-90 narra a vida de Mel (Esmeralda Moya), unha adolescente orfa de pai e, por un accidente, tamén de nai. Xunto á súa amiga África (Ana Rujas), sairalles a oportunidade de ser modelos para a axencia I-Deal, dirixida por Chantal (Assumpta Serna) e o seu esposo Abe (Eduardo Velasco). Penetrándose nas reviravoltas do mundo da moda, coñecerán a Bruno (Jesús Olmedo), que traballa de fotógrafo na axencia, divorciado de Mary Carmen (Fanny Gautier) e cunha filla, Luz (Nadia de Santiago). Entre Mel e Bruno xurdirá unha relación sentimental fóra do común, xa que este dóbralle a idade á moza.