22, A Million é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie folk Bon Iver, publicado o 30 de setembro de 2016 a través do selo Jagjaguwar.[1] Foi gravado no estudio de Justin Vernon en Eau Claire, Wisconsin, e marcou un cambio no son da banda, incorporando elementos de música electrónica e hip hop, e facendo un grande uso de samples, sintetizadores e efectos. Vernon afirmou que case todos os sons do disco foron creados e manipulados usando un sintetizador Teenage Engineering OP-1, xunto con software deseñado especialmente para a banda por Chris Messina.
O álbum estreouse no número 2 da lista Billboard 200 e en xeral foi moi ben recibido pola crítica, que loubou o seu son orixinal e as coloridas letras. Varias publicacións, incluídos Pitchfork Media, Rolling Stone e The Guardian, listaron 22, A Million como un dos mellores discos do 2016. Tamén foi nomeada nos Grammy de 2017 aos premios ao mellor álbum de música alternativa e á mellor embalaxe.
Listaxe de cancións
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"22 Over Soon" |
2:48 |
2. |
"10 Death Breast" |
2:24 |
3. |
"715 Creeks" |
2:12 |
4. |
"33 "God"" |
3:33 |
5. |
"29 #Strafford Apts" |
4:05 |
6. |
"666 Upsidedowncross" |
4:12 |
7. |
"21 Moon Water" |
3:08 |
8. |
"8 Circle" |
5:09 |
9. |
"45" |
2:46 |
10. |
"1000000 Million" |
3:53 |
34:10 |
Notas