20th Century Boys 2: The Last Hope (20世紀少年 第2章 最後の希望, 20 seiki shōnen: Dai 2 shō - Saigo no kibō?) é un filme xaponés e o segundo título dunnha triloxía baseada na serie manga 20th Century Boys de Naoki Urasawa. Foi dirixido por Yukihiko Tsutsumi e estreouse no ano 2009. Conta coas interpretacións de Toshiaki Karasawa no papel de Kenji, Etsushi Toyokawa no papel de Otcho e Takako Tokiwa como Yukiji.
A historia retoma 15 anos despois da conclusión da primeira parte (20th Century Boys 1: Beginning of the End), é dicir, en 2015. Kanna, a sobriña de Kenji, que morreu nun intento de deter a destrución) asume a tarefa do seu tío tentando deter o poder excesivo do líder dunha seita de fanáticos que se fai chamar "Amigo".
Estes terroristas parecen seguir fielmente o escrito por Kenji e os seus amigos cando eran nenos no chamado "libro das profecías". Os amigos de Kanna intentan frustrar os seus plans diabólicos: eliminar a toda a humanidade.