Exipto - Acaba o reinado de Berenice IV, retomando o trono Tolomeo XII, con apoio romano.
Batalla de Seleucia: O rei parto Mitrídates III é derrotado polo xeneral Surena, que actúa ao servizo do aspirante ao trono, e irmán do derrotado, Orodes (Worod).
Europa
Maio - Xúlio César aniquila os usípetos, unha tribo xermana.
Agosto - César atravesa o Canal da Mancha e desembarca no Sueste de Britania. Retírase logo de certo tempo, tanto debido ao mal tempo, como á noticia de que os galos están preparando novas accións.