Alvaro Álvarez Blázquez, nado en Tui o 28 de outubro de 1921 e finado en Vigo o 20 de xuño de 2005, foi un editor galego.
Fillo de Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester, irmán de Darío e Xosé María Álvarez Blázquez. Traballou no Instituto Social da Marina.
Experto en serigrafía. Foi cofundador xunto cos seus irmáns Emilio e Xosé María de Edicións Castrelos, onde facía os deseños de portadas e maquetas de libros.
Finou en Saiáns o 20 de xuño de 2005.[2]
Casou con Blanca Fernández Feijóo e foi pai de Álvaro, Xavier, Fernando, Blanca, María e Xenoveva Álvarez-Blázquez Fernández.