Ángel Gabriel Barajas Vivas, nado en Cúcuta, Norte de Santander; o 12 de agosto de 2006, é un deportista colombiano que compite na ximnasia artística. Gañou dúas medallas de ouro no Campionato Mundial Xuvenil de Ximnasia Artística no 2023, onde quedou como subcampión (medalla de prata) na competencia «All around».[1] En agosto de 2024, obtivo a súa primeira medalla olímpica ao gañar a prata nos Xogos Olímpicos de París 2024.[2] Desta maneira, converteuse no primeiro deportista colombiano en obter unha medalla olímpica nesta disciplina.
Traxectoria
Barajas naceu na cidade de Cúcuta, Norte de Santander e é fillo de Angélica María Vivas e Wilson Barajas, e ten dous irmáns máis vellos.[3] Dende o 2011 adestra na liga Norte de Santander, xunto a ximnastas como Jossimar Calvo e é adestrado por Jairo Ruiz Casas.[1][3]
Notas