Á de mosca é unha novela do ano 1998 escrita por Aníbal Malvar.
Trama
Carlos Ovelar, un fotógrafo freelance galego residente en Madrid. Antigo traballador dos servizos estatais de intelixencia, é chamado polo marido da súa ex muller para que atope á filla, desaparecida recentemente. Malia que só estivera unha vez coa rapaza, e que as relacións coa súa ex muller son inexistentes, decide ir.
Coa axuda do Gualtrapa, outro exmembro dos servizos de intelixencia, ao igual que o pai de Carlos, descubrirá que Ania, a desaparecida, está en relación cos fillos dun dos capos do tráfico de cocaína, residente na Illa de Arousa, e que a súa desaparición está relacionada co roubo de trinta quilos de droga.
Narración
Está ambientada a medio camiño entre Santiago de Compostela e o Salnés. Está narrado en primeira persoa polo protagonista.
Traducións
- Ao castelán por Susana Veiga co título de Ala de mosca publicado en 2009 pola Editorial InÉditor[1].
- Ao francés por Helène Serrano co título de Comme un blues publicado en 2017 por Asphalte éditions, col. Fictions[2].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas