Zoran Marić

Modelo:BiografíaZoran Marić
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Boka, Serbia Editar o valor en Wikidata
Altura184 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1979–1987 FK Vojvodina 202(44)
1987–1991   Celta de Vigo 87(15)
1991–1993   SD Compostela 54(8)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1983–1983   Iugoslavia 2(0)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Sociedade Deportiva Compostela Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosGoran Marić Editar o valor en Wikidata

Zoran "Džimi" Marić, nado en Boka (Iugoslavia) o 21 de febreiro de 1960, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol serbio. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección iugoslava. Actualmente adestra a selección serbia sub-19.

Traxectoria

Como xogador

Comezou a xogar no Novi Sad, segundo club da cidade co mesmo nome, a onde chega con 17 anos e permanece dúas tempadas, na Segunda División do fútbol iugoslavo.

Dende onde dá o salto ao Vojvodina, onde militará oito tempadas, ata o decembro de 1987. Durante esa etapa foi internacional coa selección iugoslava de fútbol en tres ocasións, aínda que non disputou ningún encontro oficial.

No inverno de 1988 chega ao Celta de Vigo en calidade de cedido para cubrir a baixa do goleador Baltazar, catro meses parado a causa dunha operación. Neste primeiro ano disputa un total de trece encontros de Liga, marcando catro goles.

A tempada seguinte pode permanecer en Vigo ao autorizarse por primeira vez tres estranxeiros por equipo. Nesta segunda tempada disputa 32 encontros pese a que o dianteiro centro era o brasileiro Amarildo.

No curso 1989-90 comezaron os seus problemas cas lesións, tendo que pasar polo quirófano, e véndose obrigado a unha segunda operación ao comezo da seguinte tempada.

Posteriormente volvería a recaer e deixou a práctica profesional do fútbol para pasar a oxeador técnico do Celta.

Porén Maric faría tería unha segunda aventura no fútbol, esta vez nas filas do SD Compostela, onde xogaría dúas boas tempadas sen conseguir o ascenso. No ano 1993, e aos 33 anos, retírase definitivamente dos terreos de xogo.

Como adestrador

Sete anos despois o propio SD Compostela daríalle a oportunidade de debutar como adestrador, aínda que so foi durante a segunda parte do campionato para tentar salvala categoría, obxectivo que non conseguiu.

Tras estar como director das categorías inferiores da Vojvodina, no ano 2005 dirixe ao primeiro equipo, co cal remata a tempada na sexta posición. Tres anos despois volvería a adestralo, levándoos ao subcampionato e clasificando ao equipo para a Copa da UEFA.

Zoran Maric, ten un fillo, Goran, que tamén vestiu a camiseta do primeiro equipo do Celta de Vigo, tras formarse nas súas categorías inferiores.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!