A zona reticular (zona reticularis) é a capa máis interna do córtex adrenal, e está situada debaixo da zona fasciculada e sobre a superficie da medula adrenal. As súas células están dispostas en cordóns que se proxectan en diferentes direccións, dándolle unha aparencia reticulada á que debe o seu nome.[1]
Nos humanos a capa reticular non contén o encima 17 alfa-hidroxilase; este encima hidroxila a pregnenolona, que é despois convertida en cortisol por unha oxidase de función mixta. En roedores, a falta de 17alfa-hidroxilase ten como resultado a síntese de corticosterona en vez de cortisol.
Notas
↑Histology: A Text and Atlas, 5th ed. Ross and Pawlina.
↑Wheater's Functional Histology, 5th ed. Young, Lowe, Stevens and Heath.Modelo:Pn