Zaedyus pichiy, coñecido vulgarmente na literatura internacional como pichi, é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos e subfamilia dos eufractinos,[2] a única incluída no xénero Zaedyus.[3]
É unha pequena especie de armadillo cuxa área de dispersión, na Patagonia, é a máis meridional do mundo, sendo o único armadillo que experimenta hibernación.
O xénro foi descito en 1889 polo naturalista arxentino Florentino Ameghino,[3] mentres que a especie fora descrita xa en 1804 polo zoólogo francés Anselme Gaëtan Desmarest,[4] baixo o nome de Loricatus pichiy.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
Ligazóns externas