ZAZ ou Planta de construción de automóbiles de Zaporizhia (en ucraíno: ЗАЗ, Запорізький автомобілебудівельний завод, Zaporiz'kyi avtomobilebudivnyi zavod or Zaporiz'kyi avtozavod) é a principal fábrica automobilística de Ucraína, con sede na cidade de Zaporizhia, na parte sueste do país. Tamén coñecida polo nome nai da compañía, AvtoZAZ. Na primeira metade do 2012, ZAZ manufacturou 20.060 coches. No 2012, saíu á venda un novo ZAZ, o ZAZ Vida que é unha versión do último Chevrolet Aveo para a venda en Ucraína e outros países onde se vende a marca ZAZ como en Moldova, Romanía ou Belarús, por exemplo.