Yusuf Sağ, nado en 1935 en İdil (Şırnak, Turquía) é un eclesiástico católico siríaco, exarca patriarcal de Turquía entre 1991 e 2017.
Traxectoria
Naceu en 1935 en İdil, na provincia de Şırnak (Turquía).[1] Logo da escola primaria, estudou Filosofía e Teoloxía en Beirut, foi ordenado sacerdote o 14 de febreiro de 1964, e posteriormente pasou a exercer o seu ministerio pastoral na provincia de Mardin.[1] En 1985 foi nomeado vigairo patriarcal, e posteriormente, en 1991, foi designado exarca patriarcal en Turquía.[1]
Retirouse ao superar amplamente o límite de idade, sendo sucedido por Orhan Çanlı o 1 de xullo de 2017.[2]
Obra
- Tanrı'Ya Adanmış Bir Yaşam [Unha vida dedicada a Deus] (en turco). Istambul: İstanbul Süryani Katolik Kilisesi Vakfı. 2008.
- Diyaloğun meyveleri [Os froitos do diálogo] (en turco). Istambul: Ufuk. 2013.
Notas