Xosé María Brañas Pérez, nado en Vimianzo en 1948, é un político e sindicalista galego.
Traxectoria
Fillo de Manuel Brañas Cancelo. Militante da UPG. Foi detido en Guntín o 11 de agosto de 1975, acusado de formar parte da incipiente organización armada da UPG.[1] Encarcerado na Coruña, foi liberado coa amnistía o 23 de marzo de 1977 con Xoán Manuel López Álvarez, Manuel Fernández Rodríguez e María Luisa Vázquez Barguero.[2] Foi secretario político da UPG en Pontevedra. Foi expulsado da UPG en 1981 con Francisco García Montes, Bernardo Fernández Requeixo, Fernando Acuña Rúa e Manuela Fraguela Seoane.[3][4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas