Xosé Lois Romero
Xosé Lois Romero Cajigal , nado o 4 de setembro de 1970 en Mera (Oleiros ), é un músico e compositor galego.
Traxectoria
Formado desde neno na música popular galega, exerceu de percusionista en numerosas formacións tradicionais entre as que destacan os cuartetos Lelia Doura e Luvas Verdes. Desde 1995 é membro do Grupo Tradicional da Axencia Galega das Industrias Culturais , dependente da Xunta de Galicia , onde realiza traballos de interpretación, investigación, docencia e publicación de material audiovisual sobre patrimonio musical galego.
Foi cofundador en 1999 da compañía Nova Galega de Danza, na que exerceu como director musical, compositor e intérprete nos espectáculos Alento e Engado , cuxa música foi editada posteriormente en cadanseu disco, abandonando no 2007 a compañía. Neste último ano fundou o grupo Vaamonde, Lamas & Romero, xunto a Pedro Lamas e Suso Vaamonde. Con este último codirixe a colección didáctica audiovisual Pel & madeira .
No 2008 realizou os arranxos e a dirección musical do espectáculo Terra de soños , de Fuxan os Ventos . Participou tamén en varios espectáculos do Ballet Rei de Viana, así como en varias montaxes do Centro Coreográfico Galego.
Paralelamente ten colaborado con numerosos artistas, como Mercedes Peón , Dani Bellón , Coetus, Guadi Galego , Jane Joyd, Leilía , Susana Seivane , Uxía , Xabier Díaz , Orquestra de Jazz de Galicia ou Kepa Junkera .
Traballos publicados
Nova Galega de Danza
Alento , 2005 , Nova Galega de Danza música.
Engado , 2007 , Falcatruada.
Vaamonde, Lamas & Romero
Vellas artes , 2008 , Falcatruada.
O tambor de prata , 2011 , Do Fol música.
Grupo de Música Tradicional do IGAEM
aCadaCanto (Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero)
aCadaCanto , 2012 , Músicas de Salitre.
A rosa d'Adina , 2013 , Músicas de Salitre.
Xosé Lois Romero e Aliboria
Xosé Lois Romero e Aliboria en concerto no Son do Pazo de Mos (2024).
Xosé Lois Romero e Aliboria , 2017
Latexo , 2020 , Raso Estudio.
Azougue (Jacobo de Miguel, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero)
AccordTrio (Angus Lyon, Marcos García e Xosé Lois Romero)
AccordTrio , 2019 . Raso Estudio.
Ovay
Libro-discos
Pel e madeira: Repertorio básico para gaita e percusión galegas. Volume I , 2008, IGAEM/Radio Galega /Editorial Dos Acordes.
Pel e madeira: Repertorio básico para gaita e percusión galegas. Volume II , 2011, IGAEM/Radio Galega/Editorial Dos Acordes.
Outros traballos colectivos
VIII Certame de Música Folk Xuventude 97 , 1997 , Xunta de Galicia.
Doce polainas enteiras , 1998 , libro+CD, Edicións do Cumio .
De pano sedán , 2003 , libro+CD, Edicións do Cumio.
Mano que mece la luna , 2007.
13 lúas , 2009 , libro+CD, Asociación de Gaiteiros Galegos/Xunta de Galicia.
Terra de soños , de Fuxan os Ventos, 2009, libro+CD. Boa Records.
Cantigas do Camiño , 2010, Do Fol. Con Vaamonde, Lamas & Romero, Guadi Galego e Faltriqueira .
1906 A forza de Hércules, Jesús Suárez, 2016 .
Colaboracións
Ball-cans , de Projecto Ninguém, 2000 , Runa Records.
Isué , de Mercedes Peón, 2000, Resistencia.
Solo de gaita , de Xesús Vaamonde, libro+CD, 2000, Edicións do Cumio.
Identidade , da Banda de Gaitas Airiños de Fene , 2002 , Cormorán.
Sempre Mar. Cultura contra a burla negra , 2003, libro+CD.
Músicas de Salitre , de Xabier Díaz, 2005, Músicas de Salitre.
Coplas para Icía , de Xabier Díaz, 2007, Músicas de Salitre.
Home , de Xosé Manuel Budiño, 2007, Falcatruada.
Unión das terras , de BellónMaceiras , 2007.
Sihá , de Mercedes Peón, 2007, DiscMedi.
Raíces , do Cuarteto Saiva Nova, 2010.
Xaloucos , de Dani Bellón, incluído en Gaita 2.1 , 2010, libro+CD, Dos Acordes.
Fame , Orquestra de Jazz de Galicia, 2015 .
Beiralúa , Orquestra Folk SonDeSeu, 2018 .
Cantos de poeta , Gelria, 2016 .
Mistura , Baiuca, 2019.
Embruxo , Baiuca, 2021.
Premios
Gañador do VIII Certame de Música Folk Xuventude 1997, a dúo con Suso Vaamonde.
Premio La Opinión ao Mellor Disco do Ano no 2005, por Alento , con Nova Galega de Danza.
Premio Martín Codax da Música a Mellor Grupo Folk para Vaamonde, Lamas e Romero.
Premio Martín Codax da Música a Mellor Grupo Folk para Xosé Lois Romero & Aliboria.
Premio Martín Codax da Música a Mellor Grupo de Canción de Autor para aCadaCanto.
Montaxes do Centro Coreográfico Galego
O quiosco das almas perdidas , 2008, dirixida por Roberto Oliván. Interpretación en directo xunto a Mercedes Peón .
Ovay , 2009, de Quique Peón Cía. Composición, arranxos e interpretación en directo.
Gharbo , 2012, da Compañía Contradous. Arranxos e interpretación en directo.
Montaxes do Centro Dramático Galego
O charco de Ulises , 2021, de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre. Música orixinal e interpretación en directo.
Véxase tamén
Ligazóns externas