Xosé Díaz Díaz, nado en Ferrol o 8 de setembro de 1944, é un sindicalista e político galego do BNG. Foi deputado no Parlamento de Galicia entre 1997 e 2005.
Traxectoria
Traballou en ASTANO (1958–1998, cando foi pre-xubilado polos acordo CCOO-UGT-Empresa) como aprendiz de Maquinaria primeiro, logo delineante-proxectista e como economista finalmente. Militante do PCG entre 1970 e 1976, foi membro do comité de empresa e dos secretariados nacionais da INTG e da CIG. Portavoz do sector naval. Dirixiu as negociacións sobre diferentes plans de reestruturación desde 1984 até 1997, co goberno central. Militante do BNG, foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 1997, presidindo a Comisión de Economía.[1] Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 2001.[2]
Vida persoal
É irmán xémeo do sindicalista Suso Díaz e, xa que logo, tío da ministra Yolanda Díaz.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas