Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Xora.
Xora é unha aldea da parroquia de Treos no concello de Vimianzo, A Coruña, que dista 7,2 km da capital do municipio e pola que pasa o río Xora. Tiña 18 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 9 homes e 9 mulleres.
Noutrora marquesado, houbo un pazo do que hoxe en día só queda en pé a súa capela. Foi fundado por Martín de Antelo no século XVI e a capela é obra de José Antonio Caamaño e Bermúdez de Lobera. Nela pódese contemplar o escudo dos sucesivos donos do pazo, nos que se representan unha serea (referente ós Mariño), dous lobos (ós Lobeira) e un pino con diversas lanzas (ós Caamaño).
Lugares e parroquias
Lugares da parroquia de Treos
Parroquias de Vimianzo