As xenealoxías de Xesús nos evanxeos de Mateo[4] e Lucas[5] non especifican o nome dos pais de María, pero parece que nomean a dous pais diferentes para o seu esposo Xosé. Moitos académicos, empezando por Xoán Damasceno no século VIII, e sobre todo os académicos protestantes, argumentaron que a xenealoxía do Evanxeo de Lucas é a árbore familiar de María e que o seu pai se chamaba Helí.[6][7]
De acordo coa tradición, Ana naceu en Belén, rexión de Xudea, e casou con Xoaquín, que era de Nazaret, rexión de Galilea. Ambos eran descendentes do rei David.[8] No Protoevanxeo de Santiago, Xoaquín é descrito como un home rico e piadoso, que adoitaba dar donativos ós pobres e á sinagoga de Séforis. Segundo a tradición, viviron primeiro na rexión de Galilea e, posteriormente, asentáronse en Xerusalén, na rexión de Xudea.[9]
No entanto, o sumo sacerdote rexeitou a Xoaquín e ao seu sacrificio animal no templo porque a súa falta de fillos foi interpretada como un signo de desaprobación divina. Xoaquín foise ao deserto e practicou xaxún durante corenta días como penitencia. Uns anxos aparecéronse tanto a Xoaquín como a Ana para dicirlles que terían un fillo. Tras isto, Xoaquín regresou a Xerusalén e abrazou a Ana nunha porta da cidade. Había unha crenza antiga dun fillo nacería dunha muller maior e que estaría destinado a facer grandes cousas. No Antigo Testamento cóntase unha historia similar doutra muller chamada Ana, que foi a nai do profeta Samuel.[10]
Na revisión de 1969 do Calendario romano xeral, uniuse a súa festividade coa de santa Ana, que ten lugar o 26 de xullo.[11] A devoción a san Xoaquín é moderna, mentres que a de santa Ana é máis antiga, polo menos data do século VI.
Galicia
En Galicia, San Xoaquín é venerado na illa de Ons (Bueu), tanto na súa igrexa parroquial coma na capela de Canexol.
Na tradición oral, tamén está presente nalgunhas cantigas e refráns:
Bendito san Xoaquín e bendita santa Ana, díannos o pan pra toda a semana.[2]
Galería de imaxes
Igrexa de San Xaquinciño, no Curro, na illa de Ons.
Igrexa de San Xaquinciño, no Curro, na illa de Ons.
Interior da igrexa de San Xaquinciño, no Curro, na illa de Ons.
↑Anastasios Kioulachoglou. "Las dos genealogías de Jesucristo". Verdades Bíblicas. El problema es generalmente generado porque la gente ha tomado esta genealogía como la genealogía de José. Pero no es la genealogía de José, sino de Jesús. Jesús, a quien la sociedad suponía que era hijo de José, era hijo de Elí, quien era hijo de Matat etc. No era el hijo de Elí de José, puesto que de acuerdo a Mateo José no fue engendrado por Elí sino por Jacob. Entonces, ¿a través de quién era Jesús el hijo de Elí? La respuesta es a través de María por supuesto
↑J. Gresham Machen. The Virgin Birth of Christ, 1930