Francisco Javier Campos Coll, máis coñecido como Xisco Campos, nado o 10 de marzo de 1982 en Binissalem, é un futbolista español. Xoga de defensa central e o seu actual club é o Pontevedra CF da Segunda División B.
Traxectoria
O 29 de xuño de 2017, Campos asinou un contrato de dous anos co RCD Mallorca da Segunda División B.[1] En dúas tempadas no Mallorca conseguiu dous ascensos consecutivos ata ascender a Primeira División na tempada 2018–19.[2]
O 1 de setembro de 2020, anunciouse a súa fichaxe por un ano polo Pontevedra CF da Segunda División B.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas