Xerión é unha banda ourensá de folk/black, fundada no 2000. Nocturno, fundador da banda, define o seu estilo como Metal Galaico Extremo.[1]
Historia
Xerión naceu a comezos do ano 2000 como proxecto en solitario do cantante, Nocturno, que empezou a traballar nas primeiras melodías e letras. O nome da banda procede da mitoloxía celta de Galiza.
Así, en maio e xuño do mesmo ano e na soidade do seu pequeno estudo de gravación (Estudios Breogán) deu forma aos primeiros cinco temas que formarían parte do primeiro traballo, O espírito da fraga. Dita demo foi autoeditada baixo o selo que Nocturno leva coa súa compañeira Daga, Nigra Mors, ao igual que case tódolos traballos da banda.
No ano 2002 graváronse dous traballos máis, O trono de Breogán e A harpa do guerreiro, editados e distribuídos por cadansúa discográfica francesa, Taran Productions e Gorification Musix respectivamente. Chegaron tamén os primeiros compartidos con bandas nacionais, Foscor primeiro e Cryfemal despois, así coma reedicións das últimas demos a través de Nigra Mors e Wolf Records, que conseguen que o nome de Xerión se de a coñecer alén de Galiza.
En agosto de 2002 Daga comezou a formar parte do proxecto tocando o teclado, e a finais de ano Nocturno comezou a buscar outros membros para poder ofrecer os primeiros concertos de Xerión. Logo dalgunhas idas e voltas, sumáronse Lovo á guitarra e Notna ao baixo. Xunto cunha caixa de ritmos ofrécense os primeiros concertos por Galiza a finais do 2003 e no 2004, no que incluso visitan Euskadi.
Chegaron tamén novos traballos coa nova formación. O diaño das tebras editouse no 2005 nun cd compartido cos vascos Nakkiga e Omendark a través de Oniric Records, e Na mística procura de Amh-ghad-ari, editado no mesmo 2005 nun cd compartido coa banda portuguesa Decayed, tamén a través de Nigra Mors. En ditos traballos contouse coas colaboracións especiais de Leonardo no violín e O Rei Celta No Exilio na gaita irlandesa.
A comezos do 2006, xa con Aboriorth no posto de batería, e logo de ofrecer o primeiro concerto en Portugal, no IV Metal Attack de Covilhâ, Nocturno decide volver aos comezos e que Xerión volte a ser un proxecto en solitario. Posteriormente, con Daga como membro fixo, seguíronse a editar traballos en solitario e compartidos, con xiras puntuais que levaron a Xerión a países como México ou Serbia.
- O Espírito da Fraga (demo), (2001)
- O Trono de Breogán (demo), (2002)
- Xerión/Foscor (split), (2003)
- Cryfemal Vs. Xerión (split), (2003)
- A Harpa do Guerreiro (demo), (2004)
- Hymns To Satan / Na Mística Procura De Amh-ghad-ari (split), (2005)
- Ipar Basoetan/Na Fraga Do Norte (split), (2005)
- Cryfemal & Xerión (split), (2005)
- Concentric Ways Of The Ancient Cult (split), (2007)
- Nocturnal Misantropia (2007)
- Through the Lands of Ancient Makedon / Na Busca do Primixenio (Split), (2007)
- Pálida Morte, Negra Sombra (EP), (2009)
- Tribute to Abyssic Hate - Suicide for Your Solution (Split), (2010)
- Cantares das loitas esquecidas (Full-length), (2010)
- Wargoatcult / Xerión (Split), (2011)
- Pagan Brotherhood / Os Disonantes Cánticos Das Árbores Mortas ( Split) (2012)
- O diaño das tebras (Compilation) (2012)
- Pagan Spirit (Split) (2012)
- Choiva das Árbores Mortas (Compilation) (2012)
- Koltum / Xerión (Split) (2013)
- Kolac / Xerión (Split) ( 2013)
- As 117 Lúas (Compilation) (2013)
- Legatvm Damnatorvm (Split) (2014)
- Ulfxurz (Full-length) (2014)
- Ser, Eu, Morte, Neosofía (Split) (2014)
- A Hoste Antiga do Luceiro (EP) ( 2015)
- Rèstia / Xerión / Bruma Obscura (Split) ( 2015 )
- Aura / Xerión (Split) (2016)
- Escarnio, maldizer e Morte (Full-length) (2016)
- Invocacións no Altar da Morte (Split) ( 2017)
- ... Parábolas, Fantasías & Quimeras... (Unha Alianza Lusitana e Galega de Honra e Sangue) (Split) ( 2017 )
- Na fraga estremecida (EP) (2017)
- O Espírito da Fraga / O Trono de Breogán (Compilation) (2018)
- Tenebrositas / Xerión (Split) (2018)
- A Essência do Abismo (Full-length) (2019)
- Derradeira Saudade na lua Lânguida (EP) (2019)
- Ar de Dança no Infinito (EP) (2020)
- Negro Círculo Minhoto II (Split) (2020)
- Niebla Funeraria / Xerión (Split) (2020)
- O Nada no Caos Infinito (Full-length) (2020)
- Danças de Agonia e Peste (EP) (2020)
- O Nada no Caos Infinito / Danças de Agonia e Peste (Boxed set) (2020)
- Ruína e Decadência (EP) (2021)
- Morgana Demo (2021)
- Lamento luminescente (EP) (2021)
- Lamento luminescente (Split) (2021)
- Nos Nati Sumus de Tenebris (Split) (2021)
Membros
- Nocturno: voces, baixo e guitarras.
- Daga: teclados.
Antigos membros
- Aboriorth: batería. Tamén membro de The Last Twilight.
- Iron: guitarras.
- Lovo: guitarra principal.
- Notna: baixo.
- Magog Agog: batería. Tamén membro de Barbarian Prophecies.
- Leonardo: violín.
- Piska: batería.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas