Os xenes dispostos en tándem, abreviados coas siglas en inglés TAGs (de Tandemly arrayed genes), son un cluster de xenes creado por duplicacións en tándem, un proceso no cal se duplica un xene e a copia se encontra a carón do orixinal.[2] Serven para codificar gran número de xenes a un tempo.
Os TAGs representan unha gran poporción dos xenes nun xenoma, chegando ao 14% e 17% nos xenomas humano, de rato e de rata.[2] Os clusters de TAGs poden constar só de dous xenes, e predominan os clusters pequenos, pero hai casos en que constan de centos de xenes.[2] Un bo exemplo son os clusters en tándem dos xenes que codifican o ARN ribosómico. Estes xenes transcríbense máis rapidamente do que o farían se existise unha soa copia dese xene. Ademais, un só xene de ARN pode non producir ARN dabondo para as necesidades da célula, pero as repeticións en tándem dun xene facilitan a produción de suficiente ARN. Por exemplo, as células dun embrión humano conteñen entre cinco e dez millóns de ribosomas, e o número de células duplícase cada 24 horas. Para proporcionaren os ribosomas necesarios, moitas ARN polimerases deben estar transcribindo continuamente moitos xenes de ARNr.[3]
Nalgunhas especies, como Arabidopsis thaliana e Oryza sativa, a maioría dos TAGs son o resultado do sobrecruzamento cromosómico desigual durante a recombinación xenética.
Notas
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Lajoie, Bertrand & El-Mabrouk 2007, p. 96.
- ↑ Lodish, Harvey; Arnold Berk; Chris Kaiser; Monty Krieger; Anthony Bretscher; Hidde Ploegh; Angelika Amon; Matthew Scott (2013). "Genes, Genomics, and Chromosomes". En Beth McHenry. Molecular Cell Biology (7ª ed.). New York: W.H. Freeman Company. pp. 227–230. ISBN 9781429234139.
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Barker, Michael S.; Baute, Gregory J.; Liu, Shao-Lun (5 de marzo de 2012). "Duplications and Turnover in Plant Genomes". En Wendel, Jonathan F.; Greilhuber, Johann; Dolezel, Jaroslav; et al. Plant Genome Diversity Volume 1: Plant Genomes, their Residents, and their Evolutionary Dynamics. Plant Genome Diversity 1. Springer Science & Business Media. pp. 155–169. ISBN 9783709111307. doi:10.1007/978-3-7091-1130-7_11.
- Pan, Deng; Zhang, Liqing (2008). "Tandemly arrayed genes in vertebrate genomes". International Journal of Genomics (Hindawi Publishing Corporation) 2008: 545269. PMC 2547482. PMID 18815629. doi:10.1155/2008/545269.
- Lajoie, Mathieu; Bertrand, Denis; El-Mabrouk, Nadia (16–18 de setembro de 2007). "Evolution of tandemly-arrayed genes in multiple species". En Tesler, Glenn; Durand, Dannie. Comparative Genomics: RECOMB 2007, International Workshop, RECOMB-CG 2007, San Diego, CA, USA, September 16–18, 2007, Proceedings. RECOMB 2007, International Workshop, RECOMB-CG 2007. Lecture Notes in Bioinformatics. San Diego: Springer Science & Business Media. pp. 96–107. ISBN 9783540749592. ISSN 0302-9743.