Wycliffe Bible Translators é unha organización sen ánimo de lucro dedicada a traducir a Biblia a toda lingua viva no mundo, especialmente para culturas cunha pequena influencia cristiá. Wycliffe foi fundada no ano 1942 por William Cameron Townsend. Actualmente hai ramas en 50 países. A organización leva o nome de John Wycliffe, a primeira persoa en iniciar unha tradución de toda a Biblia ao inglés medio.
Filosofía e métodos
Wycliffe basea a súa filosofía no protestantismo de Townsend que contempla a expansión intercultural e multilingüística do cristianismo como mandamento divino. Este tipo de protestantismo adhírese ao principio de sola scriptura e ten a Biblia como a infalible palabra de Deus.
Nunha misión de Wycliffe, os altos traballadores de Wycliffe piden permiso ao goberno da zona para operar. Despois de que a organización reciba permiso para operar, varios equipos investigan as poboacións lingüísticas da zona. Basándose nestes datos, os equipos son enviados a cada grupo lingüístico.