World Book Club é un programa de radio da BBC World Service. Cada edición do programa, que é emitido o primeiro sábado de cada mes e que se repite o seguinte luns,[1] trata sobre un autor de sona e debátese co público sobre unha das súas obras, a miúdo a máis coñecida. Dende que o programa comezou a emitirse no ano 2002, foi presentado por Harriett Gilbert.
Historia
World Book Club trata sobre un autor famoso que responde preguntas feitas polo público sobre unha das súas obras. Polo xeral, o programa é gravado diante dunha audiencia en directo.[2] Os oíntes de todo o mundo poden enviar as súas preguntas antes da gravación.
Notas