Winter on Fire: Ukraine's Fight for Freedom (en ucraíno: Зима у вогні: Боротьба України за свободу; Zyma u vohni: Borot'ba Ukrayini za svobodu) é un filme documental de 2015 dirixido por Evgeny Afineevsky. O filme trata sobre as protestas do Euromaidan que se produciron en Ucraína dende o 21 de novembro de 2013 até o 23 de febreiro de 2014.
Producido en parte por Netflix, o filme é unha coprodución entre Ucraína, o Reino Unido e os Estados Unidos.[1]
Impacto
Winter on Fire foi amplamente mostrado en Caracas en 2017 durante as protestas contra o goberno de Nicolás Maduro,[2][3] e nas protestas en Hong Kong de 2019-2021.[4][5] En 2022, en resposta á invasión rusa de Ucraína, Netflix
fixo que o filme estivese dispoñíbel de balde a través de YouTube.[6][7]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas