Welliton Soares de Morais, nado o 22 de outubro de 1986 en Conceição do Araguaia é un futbolista brasileiro que xoga na demarcación de dianteiro centro.
Traxectoria
Comezou a xogar no Goiás EC brasileiro onde militou ata que no ano 2007 fichou polo Spartak de Moscova ruso, salvo unha breve cesión no ano 2006 ao Ituano FC.
No equipo ruso comezou a moi bo nivel sendo o máximo anotador da Primeira División rusa nos anos 2009 e 2010. Estas boas actuacións valeronlle espertar o interese de equipos europeos coma o Arsenal FC, FC Porto ou Liverpool, porén o Spartak non o traspasou. Co tempo foi perdendo peso no equipo encadenando cesións a Grêmio[1], São Paulo FC[2] e finalmente ao Celta de Vigo a comezos do ano 2014[3].
Coa selección
Nunca foi convocado coa Selección de fútbol do Brasil, mostrando o seu interese en defender a camiseta da Selección de fútbol de Rusia[4].
Palmarés
Co Goiás EC:
- Campión do Estado de Goiás (1): 2006.
Co Spartak de Moscova:
- Máximo anotador da Premier League de Rusia (2): 2009 (21 goles) e 2010 (19 goles).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas