Weapons of Math Destruction (en galego, Armas de destrución matemática) é un libro de 2016 escrito pola estadounidense Cathy O'Neil. O subtitulo do libro resume a demoledora tese principal do libro: How Big Data Increases Inequality and Threatens Democracy (en galego: Como o Big Data aumenta a desigualdade e ameaza a democracia).[1] Nel analiza o impacto social do Big Data e dalgúns algoritmos que provocan o aumento da desigualdade.
Foi foi nomeado para o Premio Nacional do Libro 2016 pola categoría de non ficción,[2][3][4] mais non conseguiu pasar da lista de finalistas. En troques, si acadou o Premio Euler do Libro no 2019, outorgado pola Asociación Matemática de América (MAA, Mathematical Association of America).[5]
Descrición xeral
O'Neil di que nunha variedade de campos -desde seguros ata publicidade, pasando pola educación ata a vixilancia- os big data e os algoritmos poden levar a decisións que prexudican aos pobres, reforzan o racismo e amplifican a desigualdade. Ela afirma que estas ferramentas matemáticas problemáticas comparten tres características fundamentais: son opacas, escalables e inxustas.
Recepción
O libro recibiu eloxios xeneralizados por dilucidar as consecuencias da dependencia dos modelos de big data para estruturar os recursos socioeconómicos. Clay Shirky de The New York Times Book Review dixo que "O'Neil fai un traballo maxistral explicando a omnipresencia e os riscos dos algoritmos que regulan as nosas vidas", ao tempo que sinalou que "a sección sobre solucións é máis débil que a ilustración do problema".[6] Kirkus Reviews eloxiou o libro por ser "unha discusión inusualmente lúcida e lexible" dun tema técnico.[7]
Notas