Wagner Gutierrez Barreira, nado en São Paulo en 1962, é un xornalista e escritor brasileiro.
Traxectoria
Traballou na revista Veja, no xornal O Estado de S. Paulo, para TV Cultura, Jornal do Brasil e a revista Aventuras na História. Foi o primeiro director editorial de medios dixitais da Editora Abril e profesor na Pontifícia Universidade Católica de São Paulo.
Obra escrita publicada
- En portugués brasileiro
- Lampião & Maria Bonita: uma história de amor e balas (2018). Editorial Planeta.
- Demereara (2020). Editora Instante.[1]
- Traducida á lingua galega
- Demereara (2021). N.º 433 da colección Literaria de Galaxia. Tradución de Leandro García Bugarín.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas