Wagahai wa neko de aru

Wagahai wa neko de aru
吾輩は猫である
Portada da tradución inglesa do 1906
Título orixinal吾輩は猫である
Autor/aNatsume Sōseki
OrixeXapón
LinguaXaponés
Xénero(s)Novela
Data de pub.1905-1906
Precedido porN/A
Seguido porRondon tō (1905)
editar datos en Wikidata ]

Wagahai wa neko de aru (xaponés: 吾輩は猫である; lit. "Son un gato") é unha novela satírica de Natsume Sōseki, escrita entre o 1905 e o 1906. Céntrase na sociedade nipoa do período Meiji (1868-1912), especialmente nas relacións entre a cultura occidental e a xaponesa.[1][2]

Manuscrito da obra.
Páxinas do manuscrito da obra (Biblioteca Nacional da Dieta)

Título

O título da obra, Wagahai wa neko de aru, emprega un rexistro elevado típico dun nobre, polo que transmite un sentido de grandilocuencia e fachenda. Trátase dun uso irónico, xa que o protagonista é un gato doméstico antropomorfo adoptado por un profesor. Este estilo de humor é típico da escrita de Sōseki.[1]

Publicación

O libro publicouse por entregas na revista literaria Hototogisu. Sōseki tiña a intención de compoñer tan só un relato breve, que acabaría converténdose no primeiro capítulo da novela. Porén, Takahama Kyoshi, un dos editores de Hototogisu, convenceuno para continuar coa historia, que iría evolucionando estilisticamente. Neste sentido, todos os capítulos poden lerse de xeito independente.[3][4]

Sinopse

Un arrogante felino describe a vida dun grupo de xaponeses de clase media: o profesor Kushami e a súa familia (os donos do gato); Meitei, o irritante amigo do señor Kushami; e o mozo estudante Mizushima Kangetsu.[5]

A través dos ollos do animal, póñense baixo unha mirada crítica os costumes da época, en especial os recén importados dos países occidentais. Deste xeito, expónse o conflito entre a tradición do país e os novos modos culturais traídos pola modernización.[6] Porén, a súa caracterización satírica e pesimista, típica do estilo de Sōseki, pódese aplicar a toda a experiencia humana.[4]

Influencia

Wagahai wa neko de aru é unha lectura habitual nas escolas xaponesas, polo que a súa trama e estilo son ben coñecidas polo público. En consecuencia, o xeito de falar do narrador, que xa era arcaico no seu momento, adoita asociarse co gato e o libro. Así mesmo, o pronome escollido polo felino, wagahai, rara vez utilizado na vida real, sobrevive na ficción para animais antropomorfos pomposos e arrogantes. Por exemplo, Bowser, antagonista da franquía de videoxogos Mario, usa wagahai, do mesmo xeito que Morgana, personaxe do Persona 5.[1]

Adaptacións

Animación

  • Wagahai wa neko de aru (1982). Dirixida por Rintarō.[7]

Banda deseñada

  • Chiroru Kobato (2010): Wagahai wa neko de aru.[8]

Cinema

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Legends of Localization: Tricky Translations #4: “I” & “Me” in Japanese". Legends of Localization (en inglés). 2019-06-01. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2019. Consultado o 2024-03-14. 
  2. "El éxito de un viejo felino sin nombre". www.publico.es. 2010-05-01. Consultado o 2024-03-14. 
  3. "Soseki’s Cat: A Quantum Leap for Japanese Literature". Red Circle (en inglés). 2021-09-10. Consultado o 2024-03-14. 
  4. 4,0 4,1 Nathan, John (2018-05-16). "On Soseki’s Bitingly Critical Novel, I Am a Cat". Literary Hub (en inglés). Consultado o 2024-03-15. 
  5. "Soy un gato". Impedimenta (en castelán). Consultado o 2024-03-14. 
  6. "Yo, el gato". lecturalia.com (en castelán). Consultado o 15-03-2024. 
  7. Rintarô (1982-02-17). "Wagahai wa neko de aru". Consultado o 2024-03-14. 
  8. "Wagahai wa Neko de Aru". MyAnimeList.net (en inglés). Consultado o 2024-03-14. 
  9. Yamamoto, Kajirô (1936-04-14). "Wagahai wa neko de aru". Consultado o 2024-03-14. 
  10. Ichikawa, Kon (1982-06-25). "Wagahai wa neko de aru". Consultado o 2024-03-14. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!