Wabi-sabi

Xardín zen de Ryōan-ji. Foi construído durante o período Higashiyama. A parede de arxila, que está danada polo paso do tempo amosando tons marróns e laranxas sutís, reflicte o sabi, e o xardín de rochas, o wabi.[1]

De acordo coa estética tradicional xaponesa, wabi-sabi (?) é unha visión do mundo centrada na aceptación da fugacidade e da imperfección.[2] Esta estética é descrita como a beleza do que é "imperfecto, non permanente e incompleto".[3] É un concepto que deriva da ensinanza budista dos tres sinais da existencia (三法印 sanbōin?), especificamente a transitoriedade (無常 mujō?), o sufrimento ( ku?) e o baleiro ou ausencia da propia natureza ( ?).

As características da estética wabi-sabi inclúen a asimetría, a rugosidade, a simplicidade, a economía, a austeridade, a modestia, a intimidade, e a apreciación da xenuína integridade dos obxectos e dos procesos naturais.

Notas

  1. 森神逍遥 『侘び然び幽玄のこころ』桜の花出版、2015年 Morigami Shouyo,"Wabi sabi yugen no kokoro : seiyo tetsugaku o koeru joi ishiki" (Japanese)
  2. "What Is Wabi-Sabi?". nobleharbor.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2019. Consultado o 13 de xullo de 2017. 
  3. Koren, Leonard (1994). Wabi-Sabi for Artists, Designers, Poets and Philosophers. Stone Bridge Press. ISBN 1-880656-12-4. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Crowley, James and Sandra (2001). Wabi Sabi Style. Gibbs Smith, Publisher. ISBN 1-58685-753-3. 
  • Koren, Leonard (2008). Wabi-Sabi for Artists, Designers, Poets & Philosophers. Point Reyes, CA: Imperfect Publishing. ISBN 978-0-9814846-0-0. 
  • Suzuki, Daisetz T. (1959). "Chapter 2: General Remarks on Japanese Art Culture". Zen and Japanese Culture. Nova York: MJF Books. pp. 19–38. ISBN 1-56731-124-5. 
  • Tierney, Lennox (1999), Wabi Sabi, Layton, Utah: Gibbs Smith, Publisher. ISBN 0-87905-849-8

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!