O voo 967 de Varig era un servizo de carga internacional entre o aeroporto internacional de Narita, Toquio, e o aeroporto do Río de Xaneiro-Galeão, cunha escala no aeroporto dos Ánxeles. O día 30 de xaneiro de 1979 o Boeing 707-323C que realizaba a ruta que desapareceu e nin o avión nin a súa tripulación foron atopados.
Avión
O aparello accidentado era un Boeing 707-323C, número de construción 19235 e número de liña 519, entregado novo a American Airlines co rexistro N7562A o 31 de agosto de 1966. O avión foi vendido a Varig e entregado á aeroliña como PP-VLU o 28 de marzo de 1974. O avión estaba equipado con catro motores Pratt & Whitney JT3D-3B.[1]
Tripulación
A tripulación estaba formada polo capitán Captain Gilberto Araújo da Silva, de 55 anos, o primeiro oficial Erni Peixoto Mylius, de 45, os segundos oficiais Antonio Brasileiro da Silva Neto, 39, e Evan Braga Saunders, 37, e os enxeñeiros de voo José Severino Gusmão de Araújo, 42, e Nicola Exposito, 40.[2]
No ano 1973, o Captain Araújo da Silva estaba ao mando do voo 820 de Varig, un Boeing 707 que transportaba a 134 persoas que se esnafrou preto do aeroporto de París-Orly, morrendo 123 dos seus ocupantes.[3] En 1979, no momento da súa desaparición, acumulaba máis de 23 000 horas de voo.[4][2]
Accidente
O 30 de xaneiro de 1979 o Boeing 707-323C con rexistro PP-VLU desapareceu en ruta entre o aeroporto internacional de Narita e o aeroporto do Río de Xaneiro-Galeão.
O avión de carga, operado pola aeroliña brasileira Varig, engalara ás 20:23 de Narita e a súa última comunicación por radio produciuse ás 20:45. A tripulación debería terse comunicado novamente ás 21:23pero non o fixo. O contacto por radio perdeuse abruptamente a uns 200 km leste-nordeste de Toquio.[5]
A carga destacaba por levar 53 pinturas do artista Manabu Mabe que regresaban dunha exposición na capital xaponesa. O cadros estaban valorados na época en 1,24 millóns de dólares. Ningún resto do aparello ou do seu contido sería atopado.[5][6]
Notas