O voo 954 de Olympic Airways foi un Douglas DC-6B que se esnafrou contra unha montaña preto de Keratea, en Grecia o día 8 de decembro de 1969. Os 85 pasaxeiros e 5 tripulantes a bordo morreron no accidente.
Accidente
O voo era un servizo regular de pasaxeiros entre Chania, na illa de Creta, e Atenas. Mentres se aproximaba a Atenas e co seu tren de aterraxe retraído, o avión chocou contra o monte Paneio a uns 2 000 pés de altura. O tempo no momento do accidente caracterizábase pola chuvia e os fortes ventos.
O accidente do voo 954 foi o peor accidente de Grecia no momento no que ocorreu, un récord que mantivo ata o accidente do voo 522 de Helios Airways Flight case 36 anos despois. Segue sendo o peor accidente dun Douglas DC-6,[1] e o peor na historia de Olympic Airways.
Notas