O voo 708 de Garuda Indonesia Airways era un voo regular de pasaxeiros que o 16 de febreiro de 1967 se esnafrou ao aterrar no aeroporto Sam Ratulangi en Manado, Indonesia. 22 dos 84 pasaxeiros a bordo morreron. Os oito membros da tripulación sobreviviron.
Accidente
O voo 708 saíu de Iacarta cara a Manado con escalas en Surabaya e Makassar. Na segunda parte do voo o mal tempo en Makassar forzou a tripulación a regresar a Surabaya. O voo continuou o día seguinte cara a Makassar e Manado. O tempo en Manado tiña unha base de nubes a 900 pés e 2 km de visibilidade. Fíxose unha aproximación á pista 18, pero tras pasar un outeiro 200 pés por riba da elevación da pista a 2 720 pés de distancia do seu limiar, o piloto decatouse de que ía demasiado alto e estaba á esquerda do eixo da pista. O piloto baixou o morro e virou cara á dereita para interceptar a senda de aterraxe. A velocidade decreceu por debaixo dos 125 nós que tiña o avión de límite cando aínda viraba á dereita, aterrando duramente 156 pés antes do limiar da pista. O tren de aterraxe colapsou e o avión esvarou e incendiouse.
Determinouse que a causa probable do accidente foi unha técnica de aterraxe incómoda que resultou nunha taxa excesiva de caída na manobra. Entre os factores que contribuíron estaban o pavimento desigual da pista e a meteoroloxía no momento da aterraxe.[1]
Notas