O voo 548 de Sabena foi un accidente dun Boeing 707 de Sabena, con rexistro OO-SJB, que se esnafrou na ruta entre Nova York e Bruxelas o 15 de febreiro de 1961, matando os 72 ocupantes do avión e 1 persoa en terra.[1] Entre os mortos estaba todo o equipo estadounidense de patinaxe que se dirixía ao campionato do mundo en Praga.[2][3] A pesar de facerse unha investigación, a causa precisa do accidente segue sendo un misterio; a explicación máis probable é que houbese un fallo no mecanismo de axuste do estabilizador de cola.[4]
O voo orixinouse no aeroporto internacional Idlewild (agora aeroporto internacional John F. Kennedy)[5] e estrelouse na aproximación ao aeroporto de Bruxelas. O accidente foi o primeiro con vítimas mortais dun Boeing 707 en servizo regular de pasaxeiros, 28 meses despois da súa entrada en servizo. Tamén é o peor accidente de aviación ocorrido en Bélxica.[4]
Notas