O voo 5055 de LOT Polish Airlines era un servizo regular internacional entre Varsovia e Nova York. Nas últimas horas da mañá do 9 de maio de 1987 o Ilyushin Il-62M que operaba o voo esnafrouse na reserva natural do bosque de Kabaty nas aforas de Varsovia 56 minutos despois da engalaxe. Os 183 ocupantes do avión morreron no accidente, sendo o peor sinistro dun Ilyushin Il-62, e tamén o peor accidente aéreo en Polonia.[1]
Determinouse que o sinistro foi causado pola desintegración do eixo dun motor debido a rodamentos defectuosos. Isto levou a un fallo catastrófico dos dous motores esquerdos e posteriormente iniciouse un incendio a bordo, esnaquizando todos os sistemas de control de voo.
Notas