Voo 4128 de Alitalia

Voo 4128 de Alitalia
O avión do accidente
Resumo
Data  23 de decembro de 1978
Causa  erro do piloto
Lugar  mar Tirreno,
preto de Palermo
Coordenadas 
Orixe  aeroporto Leonardo da Vinci
Destino  aeroporto de Palermo
Finados  108
Feridos  21
Aeronave
Tipo de aeronave McDonnell Douglas DC-9-32
Operador  Alitalia
Rexistro  I-DIKQ
Pasaxeiros  124
Tripulación  5
Superviventes  21

O voo 4128 de Alitalia era un servizo regular entre o aeroporto Leonardo da Vinci de Roma e o aeroporto de Palermo con 129 persoas a bordo. O día 23 de decembro de 1978 esnafrouse no mar Tirreno a uns 3 quilómetros ao norte de Palermo durante a aproximación. O accidente atribuíuse á tripulación de voo que cría que estaba máis preto da pista do que realmente estaba, realizando así un descenso prematuro. A parte inicial da aproximación foi instrumental ata que o aparello estivo a 2 millas do aeroporto. A tripulación entón parou o descenso a 150 pés sobre o nivel do mar, como se tratase de localizar a área de aproximación final, pensando que estaban preto da pista debido ás luces do aeroporto. Nos últimos nove segundos o avión voou case ao nivel do mar a unha velocidade de 150 nós; entón, debido ao vento, o avión perdeu altitude e impactou contra a auga coa súa á dereita. 21 pasaxeiros sobreviviron e foron rescatados por barcos de pesca que se atopaban na zona.[1]

Entre os mortos estaba o artista neerlandés Max Reneman.

Notas

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident McDonnell Douglas DC-9-32 I-DIKQ Palermo". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2011. Consultado o 2018-12-18. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!