O voo 253 de Aeropostal era un servizo regular internacional de pasaxeiros entre o aeroporto internacional Idlewild e o aeroporto internacional de Caracas operado por un Lockheed L-749 Constellation, con rexistro YV-C-AMA o día 27 de novembro de 1956. O avión, pilotado polo capitán francés Marcel Combalbert, esnafrouse contra unha montaña preto de Caracas. Os 25 pasaxeiros e tribupantes a bordo morreron.
Accidente
O voo 253 estaba voando cara a unha tormenta de chuvia cando se aproximaba ao aeroporto de Caracas. Estaba a uns 18 quilómetros da pista cando o aparello chocou contra a crista sur do Cerro El Ávila a 6 700 pés de altitude.
Dez estadounidenses morreron no accidente.[1] O xogador de béisbol dos St. Louis Cardinals Charlie Peete, a súa muller Nettie, e os seus tres fillos pequenos estaban entre as vítimas. Peete estaba viaxando a Venezuela para xogar en inverno alí.
Para recuperar os corpos usáronse teleféricos.[2]
Causa
A causa probable do accidente foi determinada como: "Os manuais de adestramento de voo instrumental amosaban que Línea Aeropostal Venezolana aprobara un procedemento para entrar a Maiquetia en condicións semi-IFR. Este procedemento consiste en manter un nivel de voo mínimo de 10 000 pés ata a estación (Miq 292.5), despois xirar ao norte sobre este punto e continuar nunha dirección de 360º durante 4 minutos seguido dun descenso estándar ata os 1 200 pés sobre o nivel do mar ata establecer contacto, e un regreso ao aeródromo baixo regras VFR. É obvio que o piloto ao mando non cumpriu totalmente este procedemento e, despois de acumular erros na estimación da súa velocidade, esforzouse en facer unha aproximación directa que demostrou ser fatal debido á súa altura no momento do último informe non era suficiente para cruzar o Cerro El Ávila contra o que chocou".[3]
Notas