O voo 2415 de Aeroflot era un servizo regular de pasaxeiros entre Moscova e Leningrado que se esnafrou pouco despois da engalaxe o día 28 de novembro de 1976. A causa do accidente atribuíuse á desorientación da tripulación como resultado dun horizonte artificial defectuoso en condicións de baixa visibilidade.[1]
Avión
O aparello accidentado era un Tupolev Tu-104B con rexistro СССР-42471 pertencente a Aeroflot. O avión saíu da planta de ensamblaxe en Kazán o 22 de febreiro de 1960 e foi entregado ao Ministerio de Aviación Civil o 24 de marzo dese ano. Nos seus 16 anos en servizo o avión acumulaba 22 199 horas de voo en 13 336 ciclos.[2]
Notas