O voo 2303 de China Northwest Airlines era un servizo regular dende Xi'an ata Guangzhou. O día 6 de xuño de 1994 o Tupolev Tu-154M, con rexistro B-2610, que operaba a ruta rompeuse no aire e esnafrouse despois de engalar do aeroporto de Xi'an-Xianyang, matando as 160 persoas a bordo. Os restos caeron na parte sueste do aeroporto, espallándose nuns 29 quilómetros de terras de cultivo.[1] Trátase do accidente de aviación con máis vítimas mortais ocorrido na China continental.[2]
Notas