Voo 158 de Turkish Airlines

Voo 158 de Turkish Airlines
727-200 semellante ao do accidente
Resumo
Data  16 de xaneiro de 1983
Causa  malas condicións
meteorolóxicas
Lugar  Aeroporto Internacional Esenboğa
Coordenadas 
Finados  47
Feridos  20
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 727-200
Operador  Turkish Airlines
Rexistro  TC-JBR
Pasaxeiros  60
Tripulación  7
Superviventes  20

O voo 158 de Turkish Airlines era un voo doméstico de pasaxeiros regular dende o aeroporto Yeşilköy de Istambul ao Aeroporto Internacional Esenboğa de Ancara. O 16 de xaneiro de 1983 o avión que operaba a ruta, un Boeing 727-200, aterrou uns 50 metros antes da pista do seu aeroporto de destino no medio dunha nevada, rompeu e incendiouse.[1] Dos seus 67 ocupantes 47 morreron.

Avión

O avión, un Boeing 727-2F2 con tres motores turboventilador Pratt & Whitney JT8D-15, fora fabricado por Boeing co número de serie 21603/1389 e ralizara o seu primeiro voo no ano 1978.[1]

Tripulación e pasaxeiros

O avión levaba 7 tripulantes e 60 pasaxeiros a bordo. 47 dos pasaxeiros morreron, sobrevivindo todos os tripulantes e 13 pasaxeiros con feridas.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Aviation Safety Network (ed.). "Descrición do accidente". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2017. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!