O voo 1491 de Aeroflot era un servizo regular doméstico de pasaxeiros entre o aeroporto de Moscova-Vnukovo e o aeroporto de Khárkiv na Unión Soviética. O día 18 de maio de 1972 mentres descendía para aterrar en Khárkiv, o Antonov An-10 que operaba a ruta esnafrouse matando aos 122 pasaxeiros e tripulantes a bordo.
Accidente
O voo 1491 engalou do aeroporto de Moscova-Vnukovo ás 10:39 en ruta cara a Khárkiv, na República Socialista Soviética de Ucraína. Mentres descendía dende a súa altitude de cruceiro de 7 200 metros (23 600 pés) a unha altura de 1 500 metros (4 900 pés), o Antonov An-10 sufriu un fallo estrutural que levou á separación das dúas ás. A fuselaxe caeu nunha área boscosa matando aos 114 pasaxeiros e 8 tripulantes a bordo.[1][2]
Notas