O voo 147 de Biman Bangladesh Airlines era un servizo regular dende o aeroporto de Shahjalal ata o aeroporto internacional de Dubai con escala en Chittagong. O 24 de febreiro de 2019 o Boeing 737-800 que operaba a ruta foi secuestrado a 252 quilómetros ao sueste de Dacca polo terrorista Polash Ahmed. O voo realizou unha aterraxe de emerxencia no aeroporto Shah Amanat de Chittagong. As forzas especiais de Bangladesh disparáronlle a Ahmed, que morreu debido ás feridas recibidas. Non houbo vítimas mortais entre os pasaxeiros e os tripulantes, aínda que un asistente de voo recibiu un disparo.[1][2]
Notas