Voo 11 de American Airlines

Voo 11 de American Airlines
Traxectoria do voo.
Resumo
Data  11 de setembro de 2001
Causa  secuestro
Lugar  Torre Norte do
World Trade Center
Coordenadas 
Finados  92 do avión e uns
1 600 na Torre Norte
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 767-223ER
Operador  American Airlines
Rexistro  N334AA
Pasaxeiros  81
Tripulación  11
Superviventes  0

O Voo 11 de American Airlines foi un voo doméstico de tipo comercial nos Estados Unidos, que tiña previsto voar dende o Aeroporto Internacional Logan en Boston (Massachusetts) até o Aeroporto Internacional dos Ánxeles. O avión foi secuestrado por cinco homes e deliberadamente estrelado contra a Torre Norte do World Trade Center en Nova York, como parte dos atentados do 11 de setembro de 2001. Durante os primeiros 15 minutos de voo, despois da engalaxe do avión, os secuestradores feriron polo menos tres persoas e introducíronse pola forza na cabina de voo. Mohamed Atta, que era un membro de Al Qaeda e que fora adestrado como piloto de aviación, asumiu os controis.[1][2] Os controladores de tráfico aéreo déronse de conta de que o voo estaba en perigo cando o persoal de tripulación deixou de contestar as súas mensaxes. Advertiron que o voo fora secuestrado cando Atta por erro transmitiu anuncios ao control de tráfico aéreo.[3] A bordo, dous auxiliares de voo contactaron con American Airlines e proporcionáronlle informacións referentes aos secuestradores e ás feridas dos pasaxeiros e da tripulación.[4]

O avión foi estrelado contra a Torre Norte do World Trade Center ás 08:46. No impacto faleceron as 92 persoas que ían a bordo, incluíndo os secuestradores. O impacto e o fogo subsecuente causaron que a Torre Norte se derrubase, o que lle ocasionou a morte a centos de persoas. Durante os traballos de remoción dos cascallos do World Trade Center, os socorristas recuperaron e identificaron ducias de restos das vítimas do voo 11, mais non de todos.[5]

Voo

O avión do voo 11 de American Airlines era un Boeing 767-223ER, coa matrícula N334AA.[6] A capacidade da aeronave era de 158 pasaxeiros, pero o 11 de setembro a nave levaba só 81 pasaxeiros e 11 membros da tripulación. Era un transporte pequeno, do 51% da capacidade, mais o factor medio de carga do voo 11 nas mañás dos martes fora do 39% durante os meses anteriores ao 11 de setembro.[7] Os 11 membros da tripulación incluían o piloto John Ogonowski, o copiloto Thomas McGuinness, e os auxiliares de voo, Barbara Arestegui, Jeffrey Collman, Sara Low, Karen Martin, Kathleen Nicosia, Betty Ong, Jean Roger, Dianne Snyder e Madeline Sweeney.[8]

Embarque

Mohamed Atta, o líder dos ataques, e o seu compañeiro Abdulaziz al-Omari chegaron ao aeroporto de Portland ás 05:40 UTC-5. Os dous tomaron o voo 5930 da aeroliña Colgan Air, que tiña programado partir ás 06:00 de Portland (Maine) cara a Boston. Os secuestradores tiñan billetes aéreos en primeira clase nun voo con conexión aos Ánxeles (California). Atta facturou dúas maletas e al-Omari ningunha.[7] Cando se rexistraron no aeroporto, o sistema informatizado de preselección de pasaxeiros (CAPPS) seleccionou a Atta para unha inspección adicional da súa equipaxe, pero acabou embarcando sen ningún problema.[9] O voo de Portland saíu puntual e chegou a Boston ás 06:45. Os outros tres secuestradores, Waleed al-Shehri, Wail al-Shehri, e Satam al-Suqami, chegaron ao aeroporto Logan ás 06:45, e deixaron un automóbil alugado no aparcadoiro do aeroporto. Ás 06:52, Marwan al-Shehhi, o secuestrador que pilotou o voo 175 de United Airlines, realizou unha chamada dende un teléfono público no aeroporto Logan ao teléfono móbil de Atta.[7][10]

Atta e al-Omari rexistráronse e pasaron polo control de seguridade en Boston, debido a que non lles entregaran os billetes de embarque para o voo 11 en Portland.[11] Por falta de tempo coa conexión, o persoal do aeroporto non embarcou as maletas de Atta no voo 11.[12][13] Suqami, Wail al-Shehri e Waleed al-Shehri tamén pasaron os controis do voo en Boston. Wail al-Shehri e Suqami facturaron cadansúa maleta e Waleed al-Shehri non facturou ningunha.[7] O sistema CAPPS seleccionou aos tres secuestradores para unha detallada revisión de equipaxe.[14] O sistema de revisión CAPPS estaba deseñado unicamente para examinar a equipaxe, e por esta razón os tres secuestradores non tiveron un control adicional de seguridade no posto de inspección.[15]

Ás 07:40, os cinco secuestradores atopábanse a bordo do avión, que tiña programado partir ás 07:45.[10][16] Mohamed Atta sentou en clase business, no asento 8D con Abdulaziz al-Omari no posto 8G, e Suqami no 10B. Waleed al-Shehri e Wail al-Shehri acomodáronse en primeira, nos asentos 2B e 2A respectivamente.[14] O avión rodou pola pista de acceso 26 e engalou do aeroporto Logan ás 07:59 usando a pista 4R, despois dunha demora de 14 minutos.[3][17]

Secuestro

"Moi ben, o meu nome é Betty Ong. Estou… no voo 11. Apuñalaron a nosa número 1. Apuñalaron a auxiliar. Ninguén sabe quen apuñalou a quen e tampoco podemos erguernos e ir á clase business neste momento porque ninguén pode respirar. E non podemos entrar na cabina de voo, a porta non abre".
Fragmento da conversación telefónica da asistente de voo Betty Ong coa liña de emerxencia de American Airlines.[18]

A Comisión Nacional sobre os Ataques Terroristas aos Estados Unidos estimou que o secuestro empezou ás 08:14, cando os pilotos deixaron de responder as solicitudes do control do tráfico aéreo de Boston.[10] Ás 08:13:29, o avión estaba superando os 26.000 pés (7.900 m) de altitude sobre o centro de Massachusetts, e os pilotos responderon a solicitude do control de tráfico aéreo de realizar un xiro de 20 graos á dereita. Ás 08:13:47, o control de tráfico aéreo pediulle aos pilotos que ascenderan á altitude de cruceiro de 35.000 pés (11.000 m) mais xa non obtiveron resposta.[3] Ás 08:16, o avión nivelouse á altitude de 29.000 pies (8.800 m) e pouco tempo despois desviouse da súa ruta planificada.[3] O control de tráfico realizou múltiples intentos de comunicación co voo 11, pero non obtiñan resposta, e ás 08:21, o voo parou de transmitir o sinal en modo C do transpondedor.[3][10]

Segundo as auxiliares de voo, Madeline Sweeney e Betty Ong, que contactaran con American Airlines, os secuestradores apuñalaran as asistentes de voo Karen Martin e Barbara Arestegui, e acoitelaran na gorxa ao pasaxeiro Daniel Lewin.[19][20][21] Lewin, un empresario de Internet, servira no pasado como oficial na unidade de elite Sayeret Matkal das Forzas de Defensa Israelís.[22] Lewin estaba sentado no asento 9B, e Suqami estaba sentado no asento de atrás, o 10B.[23] A Comisión Nacional sobre Ataques Terroristas suxeriu que posiblemente Suqami foi quen apuñalou e matou a Lewin despois de que este intentase evitar o secuestro.[10] Durante unha chamada de catro minutos co centro de operacións de American Airlines, Ong informou sobre a falta de comunicación e a falta de acceso á cabina de voo, e as feridas dos pasaxeiros.[4] Ademais indicou os números de asento que lles foran asignados aos secuestradores, o que lles permitiu máis tarde aos investigadores coñecer as súas identidades.[4]

Ás 08:23:38, Atta intentou realizarlles un anuncio aos pasaxeiros, pero premeu o botón equivocado e enviou unha mensaxe ao control do tráfico aéreo.[24] Os controladores de tráfico aéreo de Boston escoitaron a mensaxe de Atta: “Temos algúns avións, permanezan en silencio e estarán ben. Estamos regresando ao aeroporto”. Ás 08:24:56 anunciou, “Que ninguén se mova. Todo vai ben. Se intentan realizar algún movemento, poranse en perigo a vostedes mesmos e o avión. Permanezan en silencio”.[3] Como antes, Atta pensaba que estaba comunicándose só cos pasaxeiros, pero a súa voz foi recollida e gravada polos controladores de tráfico aéreo. Despois das transmisións de Atta e da imposibilidade de contactar co avión comercial, os controladores de Boston déronse conta de que o avión fora secuestrado.[25] Posteriormente, os controladores discutiron acerca do significado da frase, intentando descifrar se Atta indicaba que había máis avións secuestrados. Ás 08:26, o avión virou en dirección sur.[3] Ás 08:32, o centro de comando da Administración Federal de Aviación (FAA) en Herndon, Virxinia, notificoullo á sede central da FAA.[10]

Ás 08:33:59, Atta anunciou, “Por favor, que ninguén se mova, estamos regresando ao aeroporto, non intenten ningún movemento estúpido”.[3] Ás 08:37:08, os pilotos do voo 175 de United Airlines verificaron a localización e dirección do voo 11 aos controladores de tráfico aéreo.[26] Os controladores de tráfico aéreo de Boston non seguiron o protocolo estándar e comunicáronse directamente co Comando de Defensa Aéreo Norteamericano (NORAD), e en concreto coa sucursal do Sector Nordeste de Defensa Aérea (NEADS) en Roma (Nova York).[10] O NEADS pediu dous caza F-15 da base aérea Otis Air de Falmouth (Massachusetts) para que interceptasen o voo 11. Os oficiais en Otis perderon algúns minutos intentando conseguir a autorización para que os cazas engalasen.[10] O voo 11 fixo o xiro final cara Manhattan ás 08:43.[3] A orde de envío dos avións F-15 concedeuse ás 08:46, e os cazas engalaron ás 08:53.[10][25] Para daquela, o voo 11 de American Airlines xa se estrelara contra a Torre Norte do World Trade Center.

Impacto

Ás 08:46:40, os secuestradores espetaron o avión na fachada norte da Torre Norte (Torre 1) do World Trade Center.[3] O avión viaxaba a unha velocidade de 750 km/h e transportaba aproximadamente 38.000 litros de combustible. O impacto ocorreu entre os pisos 93 e 99 da Torre Norte.[27] En total, morreron as 92 persoas que estaban a bordo do avión.[28] David Angell, o creador e produtor executivo da serie televisiva Frasier, xunto á súa dona a actriz Berry Berenson estaban entre os pasaxeiros falecidos.[29]

Algunhas persoas que viron o avión voar a baixa altitude sobre Manhattan antes do choque pensaron que o avión estaba en perigo. O oficial de policía da autoridade portuaria de Nova York, William Ross, manifestou: “Estaba intentando observar o avión, o máis cerca posible en busca de fume, fogo ou cualquier tipo de estela de condensación. Non había ningún destes indicios. O tren de aterraxe non estaba estendido, e as comportas do tren de aterraxe estaban fechadas. O avión, estaba, como dixen, viaxando cara o sur e movéndose a alta velocidade. Estaba voando dereito e a un mesmo nivel. O piloto non parecía que estivera loitando por manter o control do avión”.[30] O tenente do Departamento de Bombeiros de Nova York, William Walsh tamén viu o avión: “Tiñamos a impresión de que parecía que estaba caendo, pero non escoitamos ningunha dificultade mecánica. Non podíamos comprender porque un avión de American Airlines estaba a tan baixa altitude no centro de Manhattan. Pensabamos que dalgún xeito se apartaría e se dirixiría ao Hudson. Pero só aumentou un pouco a súa altitude, nivelouse, e dirixiuse directo ao World Trade Center.”[31]

O dano causado á Torre Norte destruíu as posibilidades de calquera tipo de escape para a xente que se encontraba nos pisos sobre a zona de impacto. Todos os condutos de escaleiras e ascensores dende o piso 92 cara a arriba volvéronse intransitábeis, atrapando a 1.344 persoas.[32] De acordo co informe da comisión sobre os ataques terroristas aos Estados Unidos, centos de individuos morreron instantaneamente polo impacto, o resto de persoas quedaron atrapadas e faleceron polo subseguinte incendio e fume, tamén polo colapso final da Torre Norte, ou noutros casos, por tirárense ao baleiro dende o edificio.[33] Polo menos un conduto para ascensores transportou combustible en proceso de combustión cara aos niveis inferiores, explotando no nivel 77, no nivel 22, e no vestíbulo do lado oeste.[34][35]

Jules Naudet, un cámara francés e Pavel Hlava, un inmigrante checo, filmaron o impacto.[36][37] Ademais, unha cámara web instalada por Wolfang Staehle nunha exhibición de arte en Brooklyn, co obxectivo de captar imaxes de Lower Manhattan cada catro segundos, tamén capturou imaxes do voo 11 estrelándose contra a Torre Norte.[38]

Nun principio, os medios de comunicación informaron que houbera unha explosión ou incidente no World Trade Center. A cadea de televisión estadounidense CNN (Rede de noticias por Cable) interrompeu un anuncio publicitario ás 08:49 cun titular de última hora que titulaba “Desastre no World Trade Center”. Carol Lin, que foi a primeira xornalista en presentar a nova dos ataques, dixo:

"Si. Acaba de ocorrer. Vostedes están vendo obviamente unha toma en vivo moi perturbadora, e temos informes aínda non confirmados que un avión impactou nunha das torres do World Trade Center. A oficina central de CNN, está empezando neste momento a traballar nesta noticia, obviamente chamando as nosas fontes e tratando de determinar exactamente que sucedeu, pero claramente algo relativamente devastador está ocorrendo esta mañá no extremo sur da illa de Manhattan. É unha vez máis, unha imaxe dunha das torres do World Trade Center”.[39]

Posteriormente, nunha chamada transmitida en directo por televisión dende a axencia de CNN en Nova York, Sean Murtagh, o vicepresidente de finanzas de CNN, informou que un avión comercial de gran tamaño que transportaba pasaxeiros chocara contra o World Trade Center.[39] Finalmente, as outras cadeas de televisión interromperon a súa programación habitual para informar sobre a noticia do impacto. Nese preciso momento, o presidente dos Estados Unidos, George W. Bush, estaba chegando á escola Emma E. Booker Elementary School en Sarasota, Florida con motivo dunha visita, cando un dos seus asistentes informouno do desastre aéreo. O presidente comentou, “Isto é un erro do piloto. É incrible que alguén fixera isto. O individuo debeu ter un infarto”.[40] As primeiras noticias especulaban con que o impacto fora accidental, até que o voo 175 se espetou contra a Torre Sur ás 09:03.[41]

Consecuencias

Tren de aterraxe do voo 11, achado nas rúas West e Rector.[42]

Despois do impacto, a Torre Norte incendiouse e derrubouse. A pesar de que o impacto causou un grave dano estrutural, o fogo provocado polo combustible foi declarado como a causa principal dos danos estruturais da torre.[43][44][45] Á parte das vítimas do avión e os ocupantes do edificio, centos de socorristas morreron cando a torre colapsou.[46] O banco de investimentos Cantor Fitzgerald, que ocupadaba os pisos 101-05 da Torre Norte do World Trade Center, perdeu 658 empregados, unha cantidade considerablemente maior que a doutras empresas.[47]

Días despois do ataque, atoparíanse fragmentos corporais das vítimas do voo 11 na localización do World Trade Center. Algúns socorristas encontraron corpos atados aos asentos do avión, e tamén o corpo dunha auxiliar de voo coas súas mans atadas, o cal suxire que posibelmente os secuestradores puideron ter empregado esposas de plástico.[48][49] Durante un ano, os médicos forenses identificaron os restos mortais de 33 vítimas que viaxaron a bordo do voo 11.[5] No 2006, tamén identificaron fragmentos corporais doutras dúas vítimas do voo 11 cerca da Zona cero, incluíndo a directora de asistentes de voo, Karen Martin.[50][51] Durante o mes de abril de 2007, os forenses recoñeceron outra vítima do voo 11 utilizando unha nova tecnoloxía de identificación de ADN.[52] Tamén se identificaron os restos mortais de dous secuestradores, que potencialmente poderían pertencer ao voo 11, os cales foron retirados da área temporal do monumento conmemorativo do 11 de setembro.[53] Non obstante, os restos mortais dos outros secuestradores non foron identificados e están soterrados no lugar conmemorativo coas outras vítimas.[54]

O pasaporte de Suqami resistiu o impacto e caeu nunha rúa confinante. O documento estaba humedecido con combustible, e foi recollido por un transeúnte, que entregou o pasaporte a un detective do corpo de policía de Nova York momentos antes de que a Torre Sur colapsara.[55][56] Os investigadores recuperaron a equipaxe de Mohamed Atta que non fora embarcada no voo. Na equipaxe de Atta encontraron o pasaporte e a licenza de conducir de al-Omari, un vídeo de simulación de voo para avións Boeing 757, unha navalla pregábel, e aerosol de pementa.[13] Nunha gravación encontrada meses despois en Afganistán, o líder de Al Qaeda, Osama bin Laden, aparentemente atribuíuse o ataque e dixo que el cría que as torres se derrubarían.[57] As caixas negras pertencentes ao voo 11 e ao voo 175 nunca foron localizadas.[58]

Despois dos ataques, o número de voo da mesma ruta e do lugar de engalaxe foron cambiados polo voo 25 de American Airlines, e ademais trocouse o Boeing 767 por un Boeing 757. Na ponte aérea do aeroporto Logan que empregou o voo 11 o día dos ataques izouse unha bandeira dos Estados Unidos.[59]

Terroristas a bordo

Notas

  1. Bernstein, Richard (10 de setembro do 2002). "On Path to the U.S. Skies, Plot Leader Met bin Laden". The New York Times lingua =inglés. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  2. Fouda, Yosri (1 de outubro de 2006). "Focus: Chilling message of the 9/11 pilots" (en inglés). The Sunday Times. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2008. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 "Flight Path Study - American Airlines Flight 11" (PDF) (en inglés). National Transportation Safety Board. 19 de febreiro de 2002. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Sullivan, Laura (28 de xaneiro de 2004). "9/11 victim calmly describes hijack on haunting tape" (en inglés). The Baltimore Sun. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  5. 5,0 5,1 O'Shaughnessy, Patrice (11 de setembro de 2002). "More than half of victims IDD" (en inglés). New York Daily News. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  6. National Transportation Safety Board (7 de marzo de 2006). "Brief of Accident" (en inglés). National Transportation Safety Board. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Staff Report (editorial =National Commission on Terrorist Attacks Upon the United States). "Staff Report - "We Have Some Planes":The Four Flights - a Chronology" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2009. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  8. The Associated Press (2001). "American Airlines Flight 11" (en inglés). CNN. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2001. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  9. "Extract: 'We have some planes'" (en inglés). BBC. 23 de xullo de 2004. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 10,7 10,8 "We have some Planes" (en inglés). National Commission on Terrorist Attacks Upon the United States. xullo de 2004. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  11. Kehaulani Goo, Sara (13 de febreiro de 2005). "Papers Offer New Clues On 9/11 Hijackers' Travel" (en inglés). The Washington Post. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  12. Dorman, Michael (17 de abril de 2006). "Unraveling 9-11 was in the bags" (en inglés). Newsday. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  13. 13,0 13,1 "Excerpts From Statement by Sept. 11 Commission Staff" (en inglés). The New York Times. 17 de xuño de 2004. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  14. 14,0 14,1 "Investigating 9-11 -- The doomed flights" (en inglés). San Francisco Chronicle. 23 de xullo de 2003. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2005. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  15. "The Aviation Security System and the 9/11 Attacks - Staff Statement No. 3" (PDF) (en inglés). National Commission on Terrorist Attacks Upon the United States. setembro do 2001. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  16. Federal Bureau of Investigation (setembro de 2001). "9/11 Investigation (PENTTBOM)" (en inglés). Departamento de Xustiza dos Estados Unidos. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  17. Johnson, Glen (23 de novembro de 2001). "Probe reconstructs horror, calculated attacks on planes" (en inglés). Boston Globe. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  18. Moyers, Bill (14 de setembro de 2007). "Transcript" (en inglés). Public Broadcasting Service. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  19. Comisión Nacional sobre os Ataques Terroristas aos Estados Unidos (23 de xullo de 2004). "Excerpt: A travel day like any other — until some passengers left their seats" (en inglés). The Seattle Times. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  20. Bamford, James (28 de xuño de 2004). "Inside the failed Air Force scramble to prevent the Sept. 11 attacks" (en inglés). MSNBC. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2009. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  21. Woolley, Scott (23 de abril de 2007). "Video Prophet" (en inglés). Forbes. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2008. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  22. "Remembering Danny Lewin, the IDF Veteran and Tech Genius Who Died On 9/11". Tablet Magazine (en inglés). 11 de setembro de 2011. Consultado o 07 de decembro de 2018. 
  23. Eggen, Dan (2 de marzo de 2002). "Airports Screened Nine of Sept. 11 Hijackers, Officials Say" (en inglés). The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  24. United States District Court for the Eastern District of Virginia (7 de marzo de 2006). "USA v. Zacarias Moussaoui - Trial Testimony by David Raskin" (en inglés). United States Department of Justice. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  25. 25,0 25,1 "9/11 recordings chronicle confusion, delay" (en inglés). CNN. 17 de xuño de 2004. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  26. Ellison, Michael (17 de outubro de 2001). "'We have planes. Stay quiet' - Then silence" (en inglés). The Guardian. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  27. Gann, Richard (2005). "Federal Building and Fire Safety Investigation of the World Trade Center Disaster" (PDF) (en inglés). National Institute of Standards and Technology. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  28. Lagos, Marisa; Diana Walsh (11 de setembro de 2006). "S.F. firefighters, others honor peers who died on 9/11" (en inglés). San Francisco Chronicle. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  29. "American Airlines Flight 11 - Victims" (en inglés). CNN. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2001. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  30. Ross, William (6 de marzo de 2002). "Memorandum:World Trade Center Disaster" (PDF) (en inglés). Port Authority of New York and New Jersey - The Memory Hole. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xullo de 2008. Consultado o 25 de setembro. 
  31. Walsh, William (11 de xaneiro de 2002). "World Trade Center Task Force Interview" (PDF) (en inglés). The New York Times. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  32. Dwyer, Jim; Eric Lipton, Kevin Flynn, James Glanz (26 de maio de 2002). "102 Minutes: Last Words at the Trade Center; Fighting to Live as the Towers Die" (en inglés). The New York Times. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  33. Kean, Thomas (21 de agosto de 2004). "Heroism and Horror" (en inglés). National Commission on Terrorist Attacks Upon the United States. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  34. Cauchon, Dennis; Martha Moore (4 de setembro de 2002). "Elevators were disaster within disaster" (en inglés). USA Today. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  35. Beaudry, Colette; Michael Cascio (21 de agosto de 2005). "Inside 9/11" (en inglés). National Geographic Channel. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  36. Carter, Bill (6 de febreiro de 2002). "CBS to Broadcast Videotape Shot Inside Towers During Trade Center Attack" (en inglés). The New York Times. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  37. Glanz, James (7 de setembro de 2003). "A Rare View of 9/11, Overlooked" (en inglés). The New York Times. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  38. Staehle, Wolfgang (1 de setembro de 2006). "Rare Scenes from 9/11" (en inglés). Vanity Fair. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2013. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  39. 39,0 39,1 "Transcripts:CNN Breaking News -Terrorist Attack on United States" (en inglés). CNN. 11 de setembro de 2001. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  40. Balz, Dan; Bob Woodward (27 de xaneiro de 2002). "America's Chaotic Road to War" (en inglés). The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  41. Glaberson, William (13 de setembro de 2001). "After the Attacks: United Flight 175; Second Plane to Strike World Trade Center Tower Took a Deliberate Path" (en inglés). The New York Times. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  42. Hamburger, Ronald; William Baker, Jonathan Barnett, Christopher Marrion, James Milke (maio de 2002). "World Trade Center Building Performance Study" (PDF) (en inglés). Federal Emergency Management Agency. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  43. Gutierrez, Carlos; Michelle O'Neill, William Jeffrey (setembro de 2005). "Final Report on the collapse of the World Trade Center Towers" (PDF) (en inglés). United States Department of Commerce. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  44. Miller, Bill (1 de maio de 2002). "Report Assesses Trade Center's Collapse" (en inglés). The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  45. Williams, Timothy (5 de abril de 2005). "Report on Trade Center Collapses Emphasizes Damage to Fireproofing" (en inglés). The New York Times. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  46. Nissen, Beth (21 de xullo de 2002). "Police back on day-to-day beat after 9/11 nightmare" (en inglés). CNN. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  47. "Cantor rebuilds after 9/11 losses" (en inglés). BBC. 4 de setembro de 2006. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  48. Sachs, Susan (15 de setembro de 2001). "After the Attacks: The Trade Center; Heart-Rending Discoveries as Digging Continues in Lower Manhattan" (en inglés). The New York Times. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  49. Gardiner, Sean; Graham Rayman (15 de setembro de 2001). "Hijackers May Have Used Handcuffs" (en inglés). Newsday. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2007. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  50. Brubaker, Bill (2 de novembro de 2006). "Remains of Three 9/11 Victims Identified" (en inglés). The Washington Post. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  51. Holusha, John (2 de novembro de 2006). "3 Trade Center Victims Identified by DNA" (en inglés). The New York Times. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  52. Gaskell, Stephanie (11 de abril de 2007). "9/11 Passenger Idd" (en inglés). New York Post. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  53. Kelley, Tina (1 de marzo de 2003). "Officials Identify Remains of Two Hijackers Through DNA" (en inglés). The New York Times. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  54. Standora, Leo (1 de marzo de 2003). "ID remains of two World Trade Center Hijackers" (en inglés). New York Daily News. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  55. "the 9/11 Hijackers and Conspirators" (PDF) (en inglés). National Commission on Terrorist Attacks Upon the United States. p. 40. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  56. Hardy, David. "9/11 Commissioners Report. Hijackers Timeline" (PDF) (en inglés). Federal Bureau of Investigation. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de maio de 2008. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  57. "Transcript of Bin Laden Videotape" (en inglés). National Public Radio. 13 de decembro de 2001. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  58. "National Commission on Terrorist Attacks Upon the United States". Government Public Library (en inglés). National Commission on Terrorist Attacks Upon the United States. 21 de agosto de 2004. Consultado o 25 de setembro de 2009. 
  59. Barry, Ellen (12 de setembro de 2002). "Logan Airport bears memory of its fateful role with silence" (en inglés). The Boston Globe. Consultado o 25 de setembro de 2009. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

التهاب السحايا العقيم معلومات عامة الاختصاص طب الجهاز العصبي،  وأمراض معدية  من أنواع التهاب السحايا،  ومرض  المظهر السريري الأعراض علامات السحائية  [لغات أخرى]‏،  وصداع،  ورهاب الضوء  تعديل مصدري - تعديل   التهاب السحايا العقيم[1] (بالإنجليزي

 

Royaume-Uniau Concours Eurovision 2015 Données clés Pays  Royaume-Uni Chanson Still in love with you Interprète Electro Velvet Langue Anglais Sélection nationale Type de sélection Sélection interne Date 7 mars 2015 Concours Eurovision de la chanson 2015 Position en demi-finale Qualifiée d'office en tant que membre du Big 5 Position en finale 24e (5 points) 2014 2016 modifier Le Royaume-Uni est l'un des quarante pays participants au Concours Eurovision de la chanson 2015, qu se dé...

 

Hühnchen, Ei und Gemüse in Aspik Aspik ist ein anderer Name für Gelee, das aus Fleisch oder Fisch hergestellt wird. Der Begriff bezeichnet aber auch kalte salzige Gerichte aus unterschiedlichen, meist vorher separat zubereiteten Lebensmitteln, die mit Gelee überzogen sind. Die deutsche Sammelbezeichnung für einige dieser Gerichte ist Sülze. Umgangssprachlich wird Aspik auch „Glibber“[1] genannt. Klassische Rezepte sind z. B. Aal in Gelee, Hummer, Krabben oder Huhn in We...

Giovane Élber Giovane Élber (2022) Personalia Voller Name Élber de Souza Geburtstag 23. Juli 1972 Geburtsort Londrina, Brasilien Größe 182 cm Position Stürmer Junioren Jahre Station 1989–1990 Londrina EC Herren Jahre Station Spiele (Tore)1 1990–1991 AC Mailand 0 0(0) 1991–1994 Grasshopper Club Zürich 69 (41) 1994–1997 VfB Stuttgart 87 (41) 1997–2003 FC Bayern München 169 (92) 2003–2004 Olympique Lyon 30 (11) 2005 Borussia Mönchengladbach 4 0(0) 2006 Cruzeiro Bel...

 

Restaurant in New York City Clover HillRestaurant informationStreet address20 Columbia PlaceCityBrooklynStateNew YorkPostal/ZIP Code11201CountryUnited StatesCoordinates40°41′35.4″N 73°59′55.4″W / 40.693167°N 73.998722°W / 40.693167; -73.998722WebsiteOfficial website Clover Hill is a restaurant in New York City.[1] The restaurant serves American cuisine and has received a Michelin star.[2] Time Out New York has rated Clover Hill 5 out of 5 st...

 

2022 video game 2022 video gameRollerdromeDeveloper(s)Roll7Publisher(s)Private DivisionDirector(s)Paul RabbitteProducer(s)Drew JonesDesigner(s)Andreas YiannikarisComposer(s)Electric DragonEngineUnity[1]Platform(s)Microsoft WindowsPlayStation 4PlayStation 5Xbox Series X/SReleaseWindows, PS4, PS5August 16, 2022Xbox Series X/SNovember 28, 2023Genre(s)ActionMode(s)Single-player Rollerdrome is an action video game developed by Roll7 and published by Private Division. The game was released ...

Indian coffee company Tata CoffeeFormerlyConsolidated Coffee Estates (1922–66)Consolidated Coffee Limited (1966–2000)TypePublicTraded asBSE: 532301NSE: TATACOFFEEISININE493A01027IndustryAgriculturePredecessorsCoorg Co. Ltd.Pollibetta Coffee Estates Co. Ltd.Founded1922; 101 years ago (1922)HeadquartersNo. 57, Railway Parallel Road, Kumara Park West, Bangalore, Karnataka, India[1]Area servedWorldwideKey peopleR. Harish Bhat (Chairman)Chacko Purackal Thoma...

 

Сельское поселение России (МО 2-го уровня)Вепсское национальное сельское поселение 60°06′27″ с. ш. 36°11′30″ в. д.HGЯO Страна  Россия Субъект РФ Вологодская область Район Бабаевский Включает 39 деревень Адм. центр Тимошино Глава сельского поселения Иванова Ларис...

 

1948 Indian filmBhaktha JanaPosterDirected byP. PullaiahWritten byAyyalu Somayajulu (dialogues)Produced byP. PullaiahStarringC. Honnappa BhagavatharV. NagayyaSantha KumariK. SarangapaniB. R. PanthuluCinematographySadhu. N. Nayak[1]Edited byShankar[1]Music byReema–NarayananB. Narasimha Rao[2]ProductioncompanyRagini FilmsDistributed byRagini FilmsRelease date1948[1]CountryIndiaLanguageTamil Bhaktha Jana (transl. Devotee Jana) is a 1948 Indian Tamil langua...

2003 studio album by MushroomheadXIIIStudio album by MushroomheadReleasedOctober 14, 2003Recorded2002-2003StudioMars Studio (Ohio)GenreAlternative metalnu metal[1]Length58:00LabelUniversal RecordsProducerMushroomhead, Steve Felton, Johnny K, Matt WallaceMushroomhead chronology M3(1999) XIII(2003) Savior Sorrow(2006) Singles from XIII Sun Doesn't RiseReleased: August 12, 2003 EternalReleased: 2004 Kill TomorrowReleased: 2004 Professional ratingsReview scoresSourceRatingAllMusic...

 

German online broker Trade Republic Bank GmbHTypePrivateIndustryFintechFoundedMunich, 2015FoundersMarco CancellieriThomas PischkeChristian HeckerHeadquartersBerlin, GermanyArea servedGermany, Belgium, Austria, France, Spain, ItalyKey peopleChristian Hecker, CEOServicesStockbrokerElectronic trading platformNumber of employees400 (2021) Trade Republic Bank GmbH is a German online broker in Berlin. Shares, derivatives and cryptocurrencies can be traded on a mobile app.[1][2] Hist...

 

Upcoming Namma Metro station under Green Line Madavara Namma Metro stationGeneral informationLocationMadavara, Bengaluru, Karnataka, 560073Coordinates13°03′27″N 77°28′17″E / 13.05739°N 77.47140°E / 13.05739; 77.47140Owned byBangalore Metro Rail Corporation Ltd (BMRCL)Operated byNamma MetroLine(s)Green LinePlatformsSide platform Platform-1 → Train Terminates HerePlatform-2 → Silk InstituteTracks2ConstructionStructure typeElevated, Double trackPlatform le...

Type of rolling stock used on the London Underground Piccadilly line London Underground 1973 StockA 1973 Stock train at HillingdonThe interior of a refurbished 1973 Stock carIn service19 July 1975 – presentManufacturerMetro-Cammell[1]Built atWashwood Heath, Birmingham, England[1]Replaced1959 StockConstructed1974–1977[1]Refurbished1996–2001[1]Number built175 units (87+1⁄2 trains)SuccessorNew Tube for LondonFormation3 cars per unit, 2 units per trainC...

 

 TV series or program ArmadilloPromotional posterGenreDramaBased onArmadilloby William BoydScreenplay byWilliam BoydDirected byHoward DaviesStarringJames FrainComposerRichard HartleyCountry of origin United Kingdom United States Original languageEnglishNo. of series1No. of episodes3ProductionExecutive producers Jane Tranter (BBC) Delia Fine (A&E) ProducerSue BirtwistleCinematographyJames WellandEditorKevin LesterRunning time180 minutesProduction companies BBC A+E Networks Original re...

 

Joaquín Estefanía Joaquín Estefanía en diciembre de 2015Información personalNombre de nacimiento Joaquín Estefanía MoreiraNacimiento 12 de marzo de 1951 (72 años) Madrid, EspañaNacionalidad EspañolaEducaciónEducado en Universidad Complutense de Madrid Información profesionalOcupación Periodista, escritor y economista Medio El País Grupo PRISAMiembro de Fundación Alternativas [editar datos en Wikidata] Joaquín Estefanía Moreira (Madrid, 12 de marzo de 1951) es u...

Andrew Chi-Chih Yao Andrew Yao en 2005.Información personalNacimiento 24 de diciembre de 1946 (76 años)China China, ShangháiNacionalidad chinoFamiliaCónyuge Frances Yao EducaciónEducado en Universidad de HarvardUniversidad de TaiwánUniversidad de Illinois en Urbana-ChampaignTaipei Municipal Jianguo High School Supervisor doctoral Chung Laung Liu Información profesionalÁrea Ciencias de la computaciónEmpleador Universidad de StanfordUniversidad de PrincetonUniversidad Tsinghu...

 

I patrimoni dell'umanità dell'Ecuador sono i siti dichiarati dall'UNESCO come patrimonio dell'umanità in Ecuador, che è divenuto parte contraente della Convenzione sul patrimonio dell'umanità il 16 giugno 1975[1]. Al 2022 i siti iscritti nella Lista dei patrimoni dell'umanità sono cinque e altrettante sono le candidature per nuove iscrizioni[1]. I primi due siti iscritti nella lista nel 1978, durante la seconda sessione del comitato del patrimonio mondiale, sono stati la ...

 

2014 video gameWarhammer 40,000: CarnageDeveloper(s)Roadhouse GamesPublisher(s)Roadhouse GamesSeriesWarhammer 40,000Platform(s)iOS, AndroidReleaseiOSMay 8, 2014[1]AndroidJune 20, 2014[2]Genre(s)Action role-playing Warhammer 40,000: Carnage is a mobile action role-playing video game developed and published by Canadian indie studio Roadhouse Games Ltd. It is based on Games Workshop's tabletop wargame franchise Warhammer 40,000. It released for the iOS and Android platforms in Ma...

العلاقات البرتغالية المولدوفية البرتغال مولدوفا   البرتغال   مولدوفا تعديل مصدري - تعديل   العلاقات البرتغالية المولدوفية هي العلاقات الثنائية التي تجمع بين البرتغال ومولدوفا.[1][2][3][4][5] مقارنة بين البلدين هذه مقارنة عامة ومرجعية للدولتي...

 

Kastel Forchtenstein Mattersburg (dahulu Mattersdorf, Hungaria: Nagymarton, Kroasia: Materštof) merupakan sebuah kota di Austria. Letaknya di bagian timur. Tepatnya di Burgenland dekat perbatasan Slowakia. Klub SV Mattersburg bermarkas di kota ini. Pada tahun 2007, kota ini memiliki jumlah penduduk 7.125 jiwa dan memiliki luas wilayah 28,2 km². Kota ini memiliki angka kepadatan penduduk 253 jiwa/km². Tokoh Aaron Chorin Pál Kitaibel Moses Sofer Philip Wodianer Lihat pula Kiryat Matter...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!