Vladislav Nikolaievich Volkov, nado en Moscova (Rusia) o 23 de novembro de 1935 e finado o 30 de xuño de 1971, foi un cosmonauta soviético que formou parte das misións Soiuz 7 e Soiuz 11, falecendo na reentrada atmosférica desta última.[1][2]
Traxectoria
Volkov, formado como enxeñeiro, traballou na oficina de deseño de Koroliov, axudando a desenvolver as naves Vostok e Voskhod. Como cosmonauta participou nas misións Soiuz 7 e 11, falecendo durante esta última, xunto co resto da tripulación, debido á despresurización da cápsula durante a reentrada.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos