Vladislav Markovich Illich-Svitych (en ruso: Владислав Маркович Иллич-Свитыч), nado en Kíiv en 1934 e finado en 1966, foi un lingüista ruso, considerado como o fundador da lingüística comparativa dos idiomas que forman a superfamilia do Nostrático.
Traxectoria
Descendente de ucraínos, naceu en Kíiv, pero máis tarde pasou a vivir en Moscova. Illich-Svitych resucitou a moi esquecida hipótese do Nostrático, orixinariamente exposta polo lingüista danés Holger Pedersen en 1903, quen cuñara o termo Nostrático. Malfadadamente faleceu, moi novo aínda, antes de poder completar o Dicionario comparativo das linguas nostráticas, ambiciosa obra, que, porén, foi continuada polos seus colegas.
Véxase tamén
Ligazóns externas