Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes.
O virus crece e propágase dunha ave a outra a través de mosquitos infectados. Se os mosquitos infectados co virus pican aos cabalos ou aos humanos, o animal ou a persoa poden enfermar. Existen varias especies de culícidos que poden transmitir o virus. Unha das máis importantes é o Culex pipiens.
O WNV pode propagarse nalgunhas ocasións por outros medios. Por exemplo, pode transmitirse aos humanos durante as transfusións sanguíneas e transplantes de órganos provenientes de doadores infectados. Así mesmo, é posíbel que as mulleres embarazadas ou lactantes que estean infectadas poidan transmitir o virus aos seus bebés. Debido á súa improbabilidade e ao descoñecemento actual acerca deste risco e ao feito de que a lactación ten beneficios evidentes e perfectamente establecidos, non se recomenda que a naie deixe de aleitar ao seu fillo.
Os cabalos infectados con WNV non poden transmitir directamente a doenza aos humanos.
Non hai evidencia de que unha persoa poida infectarse co WNV tocando aves infectadas vivas ou mortas. Aínda así, debe terse precaución ao manexar animais mortos, incluíndo as aves. Se é necesario mover ou desfacerse dunha ave morta, cómpre usar luvas ou unha pá para movela e colocala dentro de dúas bolsas de plástico (unha dentro da outra).
Nos Estados Unidos, o WNV presentouse por primeira vez en Nova York durante o verán de 1999. Desde entón, a enfermidade diseminouse ao longo da maior parte do territorio continental dos Estados Unidos. Non se sabe como entrou o WNV neste país; porén, este proceso ocorre de maneira natural en Europa, África e Asia desde polo menos a primeira metade do século XX.