Violent Femmes é o álbum de estrea da banda estadounidense de folk punk Violent Femmes, publicado en vinilo e casete o 13 de abril de 1983 a través do selo Slash Records.[1] No ano 1987 editouse en CD con dous cancións extra, "Ugly" e "Gimme the Car".[2]
No ano 2002 Rhino Records remasterizou o álbum, enchendo o disco con demos e engadindo outro extra con temas ao vivo e unha entrevista de radio para unha edición especial polo seu 20 aniversario, con textos no libreto escritos por Michael Azerrad.
Trátase do traballo máis exitoso de Violent Femmes ata a data, chegando a ser disco de ouro catro anos despois de seu lanzamento, e platino catro anos despois, sen que entrase na lista Billboard 200. Despois de recibir a certificación de platino o 1 de febreiro de 1991, o álbum entrou por vez primeira na lista da Billboard o 3 de agosto dese ano.[3] Dende que Nielsen Music comezou a rastrear electronicamente as vendas en 1991 o álbum vendeu 1,8 millóns de copias.
Slant Magazine listouno no número 21 da súa lista dos 100 mellores álbums dos 80.[4] En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 7 da súa lista dos 50 mellores álbums de post-punk.[5]
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Gordon Gano, agás onde se indique.
Cara 1 |
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
1. |
"Blister in the Sun" | |
2:25 |
2. |
"Kiss Off" | |
2:56 |
3. |
"Please Do Not Go" | |
4:15 |
4. |
"Add It Up" | |
4:44 |
5. |
"Confessions" | |
5:32 |
Cara 2 |
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
6. |
"Prove My Love" | |
2:39 |
7. |
"Promise" | |
2:49 |
8. |
"To the Kill" | |
4:01 |
9. |
"Gone Daddy Gone" | Gano, Willie Dixon |
3:06 |
10. |
"Good Feeling" | |
3:52 |
Cancións extra do CD estadounidense |
N.º |
Título |
Duración |
11. |
"Ugly" |
2:21 |
12. |
"Gimme the Car" |
5:04 |
Cancións extra da edición do 20 aniversario |
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
11. |
"Girl Trouble" (demo) | |
3:07 |
12. |
"Breakin' Up" (demo) | |
5:17 |
13. |
"Waiting for the Bus" (demo) | |
2:08 |
14. |
"Blister in the Sun" (demo) | |
2:35 |
15. |
"Kiss Off" (demo) | |
2:49 |
16. |
"Please Do Not Go" (demo) | |
4:18 |
17. |
"Add It Up" (demo) | |
4:35 |
18. |
"Confessions" (demo) | |
5:20 |
19. |
"Prove My Love" (demo) | |
2:50 |
20. |
"Ugly" (sinxelo británico) | |
2:22 |
21. |
"Gimme the Car" (sinxelo británico) | |
5:07 |
Disco extra ao vivo da edición do 20 aniversario |
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
1. |
"Special" (ao vivo) | |
4:27 |
2. |
"Country Death Song" (ao vivo) | |
5:25 |
3. |
"To the Kill" (ao vivo) | |
4:19 |
4. |
"Never Tell" (ao vivo) | |
7:17 |
5. |
"Break Song" (ao vivo) | |
0:41 |
6. |
"Her Television" (ao vivo) | |
2:28 |
7. |
"How Do You Say Goodbye" (ao vivo) | |
2:43 |
8. |
"Theme and Variations" (ao vivo) | |
0:54 |
9. |
"Prove My Love" (ao vivo) | |
3:19 |
10. |
"Gone Daddy Gone" (ao vivo) (Gano, Willie Dixon) | |
3:32 |
11. |
"Promise" (ao vivo) | |
3:09 |
12. |
"In Style" (ao vivo) | |
3:43 |
13. |
"Add It Up" (ao vivo) | |
6:15 |
14. |
"entrevista de Michael Feldman para WHA-FM" | |
4:09 |
15. |
"Kiss Off" (ao vivo en WHA-FM) | |
3:31 |
Notas