Fernández Victorio Lascoiti (tamén escrito Lazcoiti) y Fourquet nado en Oviedo, o 27 de outubro de 1810 e finado en Madrid, o 26 de maio de 1878,[1] foi un político español, ministro durante o reinado de Isabel II de España.
Traxectoria
Ingresou na Tesourería en 1830 como o escribano de planta da Contaduría de Rentas do Partido de Alcalá de Henares, unha verdadeira incubadora de varios ministros do período isabelino. En 1835 ascende a oficial de terceira e permaneceu no mesmo destino até 1837 en que pasa a Administración especial de Aduanas de Madrid. Posteriormente, en 1840, foi nomeado secretario da Comisaría de Rendas de Santander en 1840, e pasou despois á de Valladolid. De seguido, e sucesivamente, foi subsecretario de Facenda, presidente do Tribunal de Contas e, en abril de 1866, gobernador do Banco de España até xullo do mesmo ano.[2]
Tamén foi dúas veces ministro de Finanzas. A primeira, en outubro de 1857 (durante 10 días, como ministro interino: do 15 ao 25),[1] o primeiro, ano en que foi elixido deputado na circunscrición de Burgos polo distrito de Medina de Pomar;[1] e a segunda, entre o 13 de outubro de 1863 e o 17 de xaneiro de 1864, no goberno de Manuel Pando Fernández de Pinedo. Na súa carreira parlamentaria figura como senador vitalicio entre 1863 e 1868,[3] ao remate da súa carreira.
Casou con Jacinta Sancha y Herrera, nativa de Lerma.[4] Foi condecorado coa Cruz de Comendador de Número da Orde de Carlos III.[5]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos